O subdelegado do Goberno en
Lugo, Ramón Carballo, e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, copresidiron a reunión da xunta local de seguridade do municipio, na que participaron
ademais representantes da Garda Civil, o Subsector de Tráfico, a Policía
Autonómica e a Policía Local.
Segundo os datos oficiais, a
tasa de criminalidade de Quiroga sitúase nas 10,44 infraccións penais por cada
mil habitantes, máis de dez puntos por debaixo da media provincial e máis de
dezasete por debaixo da media galega.
Das estatísticas da Garda
Civil expostas no encontro despréndese tamén que os delitos de maior
consideración (entendendo como tales os delitos catalogados como graves e menos
graves) rexistraron un significativo descenso no concello quirogués en 2016 con
respecto ao ano anterior, superando esa baixada o 35%. De feito, descenden os
delitos contra o patrimonio –que rexistraron unha media inferior a unha
denuncia ao mes durante o ano pasado- como tamén os delitos contra as persoas e
contra a seguridade colectiva, incluíndo esta tipoloxía os delitos contra a
saúde pública e contra a seguridade vial, principalmente.
Os membros da xunta local
comprometéronse a seguir traballando conxuntamente para manter a tendencia
descendente na evolución delincuencial no municipio e para esclarecer os
delitos que se chegan a cometer. Durante o ano pasado, os axentes da Garda
Civil do posto de Quiroga detiveron a 5 persoas e imputaron a outras 2 pola súa
presunta implicación en feitos constitutivos de delito.
O subdelegado do Goberno
informou tamén na xuntanza desta mañá do traballo realizado os centros de
ensino de Quiroga ao amparo do Plan director para a convivencia e a mellora da
seguridade escolar nos centros educativos e as súas contornas.
Ramón Carballo lembrou que
este plan, deseñado pola Secretaría de Estado de Seguridade, busca reforzar a
educación, prevención e vixianza nos centros escolares poñendo á súa
disposición a asistencia técnica que precisen para previr e abordar os
episodios graves que poidan ameazar a convivencia escolar, así como axudando a
mellorar o coñecemento de alumnado, pais e nais e profesores sobre os problemas
de seguridade que afectan aos máis novos.
No primeiro trimestre do
actual curso académico, membros das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
impartiron dúas charlas en centros educativos de Quiroga, nas que abordaron os
riscos en internet e o acoso escolar. Estas son precisamente as temáticas que
rexistraron a maior demanda por parte dos centros galegos no que vai de curso.
No presente ano lectivo,
beneficiáronse do Plan director un total de 2.574 persoas de 94 centros
educativo de toda a provincia
No hay comentarios:
Publicar un comentario