A comisión
organizadora da Mostra do Aceite de Quiroga reuniuse para tomar os seguintes
acordos:
-A XVII Edición
da Mostra do Aceite de Quiroga no muíño de Bendilló terá lugar o día 14 de maio
de 2017.
-Os aceites
inscritos na mostra pasarán un análise nun laboratorio especializado e dúas
catas; unha previa á mostra e outra comentada durante a celebración da mesma.
-Tamén se fixou
o prazo de inscrición para os colleiteiros que desexen participar na mostra,
este estará comprendido entre os días 2 e 9 de marzo .
Como nas
edicións anteriores mediante un bando comunícaselles aos interesados, ademais
do prazo para anotarse, os requisito que deberán cumprir para poder participar:
-Deberán ter
unha colleita mínima de 200 l. de aceite.
-Aboar a
cantidade de 100 € de inscrición, ou ben facilitar a cantidade equivalente en
aceite.
-Achegar as
mostras da súa produción para a súa análise e someterse aos controis que a
Comisión Organizadora estime oportunos.
-A comisión
organizadora recollerá mostras ao azar para a súa cata o día da Mostra.
A selección dos
participantes, xa que o número de colleiteiros será limitado a 6, farase tendo en conta o seguinte criterio:
1.-Rigoroso orde
de inscrición nas oficinas municipais por rexistro de entrada.
2.-O resultado
aceptable do análise químico e organoléptico que determinará o laboratorio
especializado que se dispoña.
No momento de
formalizar a inscrición nas oficinas xeras da Casa do Concello é obrigatorio
presentar unha mostra de 1 L en envase de cristal para o seu análise e cata
correspondente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario