O venres, día 11 de maio de 2018, ás 19:00 h, na sala de catas do Museo Etnográfico Municipal de Quiroga, terá lugar a cata dos seis aceites inscritos para participar na XVIII MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA, que terá lugar o vindeiro 20 de maio de 2018.
A cata é aberta ao público en xeral que desexe participar como espectador.
Un grupo integrado por catadores de Quiroga, formados nun curso impartido pola UNED de Ponferrada durante o ano 2013, probará os aceites que concorren a mostra igual que se fai na Feira do Viño de Quiroga cos viños aspirantes, para avaliar a calidade do produto que se porá a venda.
Ademais desta cata os seis aceites que aspiran a participar na mostra analizáronse nun laboratorio especializado onde se lle efectuaron as probas especificadas marcadas pola normativa europea para este tipo de produtos (REGLAMENTO (CE) Nº 1989/2003 DE LA COMISIÓN de 6 de noviembre de 2003, relativo a las características de los aceites de oliva y de los aceites de orujo de oliva y sobre sus métodos de análisis).
O propio día da mostra, 20 de maio, a comisión de cata reunirase novamente no propio recinto feiral para probar de novo os aceites expostos nunha cata pública e comentada na Capela das Farrapas, ao carón do muíño de aceite de Bendilló.
No hay comentarios:
Publicar un comentario