Interpretación de Polbo a
Feira con Aceite de Quiroga, a tapa presentada pola Mesón Ferreiriño, foi a
gañadora da 7ª edición do Concurso
"Quiroga de Tapas", na que
participaron trece establecementos da vila.
Esta mañá
abríanse as urnas nas que estaban depositados os tapacartóns. Os clientes que
completaron a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os
establecementos participantes, podían votar a súa tapa favorita utilizando o
tapacartón previamente selado polos establecementos, nas urnas oficiais do
concurso. Non se contabilizou como válida ningunha cartilla de votación que non
contivese selo de todos os establecementos participantes, o seu voto, escrito
de forma lixible e un nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emitía
o voto.
Tras o
reconto de votos a tapa gañadora foi a presentada polo Mesón Ferreiriño,
seguida moi de preto pola presentada pola Adega de María.
Na presente
edición había numerosos premios para as persoas que completaron o circuito e
emitiron o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes. Unha vez feito
o reconto de votos procedeuse ao sorteo para os premios entre todos os
participantes.
Pola súa banda o local gañador da mellor tapa da presente edición recibía
100€ e unha praca conmemorativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario