A
casa consistorial acolleu unha xuntanza para organizar a XIX Mostra do Aceite.
Nesta xuntanza fixouse a data na que se celebrará esta festa de interese
turístico, que será o domingo 12 de
maio.
Unha
vez máis, o 12 de maio, poñerase en funcionamento o muiño de aceite de Bendilló
para amosar como era a elaboración tradicional do aceite. Esta demostración,
que atrae a persoas de toda Galicia, serve de complemento á venda do aceite
elaborado no noso municipio.
En
vindeiras xuntanzas da comisión organizadora deste evento daranse a coñecer as
demais actividades organizadas para esa xornada e tamén previas o
desenvolvemento desta mostra.
A
mostra do aceite que se ven celebrando dende hai 19 anos foi o primeiro paso
que se deu dende o concello de Quiroga para a recuperación do aceite de oliva
do noso municipio. O último paso dado tivo lugar o xoves 14 de marzo cando o alcalde
de Quiroga, Julio Álvarez, e un grupo de olivicultores presentou no rexistro da Xunta de
Galicia en Lugo a petición de Denominación de Orixe Protexida (DOP) para o aceite de Quiroga.
Os
trámites a seguir a partir de agora será que a Xunta tramite o expediente e o
remita ao Ministerio de Agricultura, primeiro, e a Unión Europea despois. Con
esta solicitude o concello de Quiroga da un paso importante na recuperación do aceite de Quiroga,
recuperación iniciada no ano 2000 coa celebración da 1ª Mostra do aceite.
O
Concello xa ten rexistrado o nome de “Aceite de Quiroga” con dous principais
fins: Certificar as características do produto de forma que quen queira
utilizar esta marca deberá cumprir certos requisitos tanto na produción e
elaboración como comercialización do aceite. E regular e ordenar as plantacións
de oliveiras.
Para
que os aceites poidan levar a etiqueta co nome de “Aceite de Quiroga” é
requisito necesario que a materia prima proceda integramente da zona delimitada
pola Comisión e aceptada en última instancia polo propietario da marca. Ademais
a súa elaboración tamén se realizará no noso territorio e exclusivamente con
oliveiras das variedades aceptadas pola Comisión creada para o seu cumprimento.
Co
fin de evitar fraudes o concello leva un rexistro de Plantacións de Oliveiras
cos datos do seu titular e da plantación e un rexistro dos muíños existentes
que poidan optar ó uso da marca rexistrada.
Para
a elaboración do aceite de oliva virxe extra, amparado pola marca de garantía
“Aceite de Quiroga” empregaranse olivas das distintas variedades que existen
dentro do municipio de Quiroga. Os aceites consideraranse monovarietais cando
procedan, a lo menos nun 80%, dunha única variedade de olivas. As variedades
que se poden empregar dentro desta marca de garantía son varias: mansa, brava,
arbequina, …
A orixe do rexurdir do aceite galego hai que
sitúalo neste val de Quiroga coa recuperación das oliveiras centenarias que hai
na comarca, onde se descubriu, grazas ás investigacións do CSIC, que hai
variedades autóctonas únicas, como a brava e a mansa, con características organolépticas
singulares, que non estaban recollidas no “Banco de Germoplasma Mundial de
Variedades de Olivo”, con sede en Granada.
Estas
variedades, mansa e brava, son moi abundantes neste val de Quiroga. Según un
informe do xeólogo e catedrático emérito da Universidad de A Coruña, Juan Ramón
Vidal Romaní, sobre o vínculo das oliveiras de Quiroga coa historia, foron
introducidas polos romanos nesta zona, convertida pola historia xeolóxica nun
invernadoiro natural. Os romanos plantaron un dos seus cultivos totémicos en
terras con sedimentos auríferos, o que
sen dúbida lle da o aceite de Quiroga unha das características distintivas: a
súa cor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario