Quiroga xa ten definitivamente Plan Xeral de Ordenación Municipal. Esta
mañá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivienda, Ángeles Vázquez, e
o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez Núñez, asinaban a aprobación do Plan de
Ordenación de Quiroga.
Tras 13 anos de tramitación, o novo planeamento pon fin ás Normas
subsidiarias municipais do ano 1995; e da paso a un plan que en palabras do
alcalde de Quiroga está na senda do orden urbanístico, económico e sobre todo
ambiental.
A conselleira de Medio Ambiente afirmou que o Pxom representa un novo
marco legal para dar resposta á situación do municipio e outorgándolle seguridade
xurídica, coherencia coa realidade territorial e un desenvolvemento sostible do
territorio e sobre todo aos máis de
3.200 veciños dun concello que está chamado a crecer.
Con
este Plan Xeral de Ordenación Municipal o solo urbano onde se poderá construír
directamente auméntase en 368.500 metros cadrados. Amplíase a superficie de
solo urbano nas zonas da Campaza e o Regueiral, na recta do Toucedo, na zona do
Poboado e nas zonas San Xulián – As Estradas e Carballeira – Hospital. Ademais
desaparecen na vila de Quiroga ás Unidades de Xestión (UGAS) que delimitaban a
construción.
Para a elaboración deste plan que comezou no 2006
tivéronse en conta o 90% das alegacións practicadas ou emitidos polos
interesados durante o período de información pública, 272 en total.
Sempre
que este plan tivo que levarse a sesión plenaria foi aprobado por
unanimidade por todos os grupos
políticos con representación municipal. A derradeira aprobación foi na sesión
plenaria celebrada no pasado mes de decembro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario