Rematado o prazo de inscrición, sete son os
colleiteiros que se anotaron para participar na XXXVII Feira do Viño de Quiroga
que se celebrará o 20 e 21 de abril.
Os requisitos mínimos que se lle esixían para
poder participar era que os viños tivesen unha graduación alcohólica mínima de
12 º para o viño branco e de 11,5 º para
o viño tinto. E unha acidez volátil máxima de 0,5 gr. acético/l. para o viño
branco e de 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.
En canto á cantidade, fixarase unha cantidade mínima
de 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na
feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.
Estes sete colleiteiros inscritos deberán aboar
a cantidade de 100 € e entregar mostras do viño inscrito que terá que superar
dúas probas, unha análise organoléptica e unha cata popular polos membros da
Confraría do Viño de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario