Continúase a traballar na reforma interior do pavillón
municipal coa ampliación dos vestiarios e o cambio de localización dos baños.
Estas obras corren a cargo dos alumnos traballadores do V Obradoiro de Emprego Sil
Lor, do que se benefician os concellos de Ribas de Sil, Folgoso do Courel e Quiroga.
Neste quinto SilLor os 20 alumnos e alumnas dos tres concellos reciben
formación teórica e práctica en especialidades relacionadas coa albanelaría e a
construción. O obradoiro conta coa especialidade de Operacións auxiliares de
albanelaría, de fábricas e cubertas, no que están integradas as 7 persoas do concello de Quiroga.
No pavillón traballase no cambio de baños que estaban situados na planta
baixa e que agora se construirán na parte superior, podendo acceder a eles
directamente dende as gradas. Aumentarase o espazo da grada na parte superior,
onde quedará espazo para unha pequena zona de cafetería. En canto os
vestiarios, dotarase duns novos secundarios e nos actuais farase unha profunda
reforma co fin de aumentar a superficie e facela máis funcional.
Con estes traballos quérese conseguir que os usuarios deste edificio
deportivo non teñan que pasar continuamente pola pista de xogo para poder
acceder a vestiarios, baños ou almacén.
Esta mañá directivos do obradoiro e o alcalde de Quiroga achegáronse a
supervisar os traballos nos que están a traballar os alumnos deste novo
obradoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario