O Concello de Quiroga comeza a traballar na
XXXVII Feira do Viño, que terá lugar os días 20 e 21 de abril.
A casa consistorial acolleu a primeira reunión
na que se organizarán todas actividades que inclúe esta festa do viño, na que
se engloban o concurso “Quiroga de Tapas” ou a Carreira Popular. Coincidindo
con esta celebración Quiroga acollerá un ano máis o Certame Celtibérico de
Bandas de Gaitas, na que xa será a súa
IV edición.
Nesta primeira xuntanza marcouse o prazo que
terán para anotarse os colleiteiros que queiran participar e os requisitos
esixidos para o seu viño elaborado artesanalmente . Así os viticultores
interesados deberán de inscribirse na casa consistorial antes do día 19 de
febreiro, fixándose un número máximo de doce colleiteiros para participar nesta
XXXVII edición.
En canto aos requisitos mínimos que deberán de
cumprir os viños será unha graduación alcohólica mínima de 12 º para o viño
branco e de 11,5 º para o viño tinto. E
unha acidez volátil máxima de 0,5 gr. acético/l. para o viño branco e de 0,6 gr. acético/l. para o viño tinto.
En canto á cantidade, fíxase unha cantidade mínima
de 200 botellas de viño branco e 250 botellas de viño tinto para presentar na
feira, e outra cantidade igual ou superior na adega.
O colleiteiro que teña seleccionado o seu viño
para participar na feira debe aboar a cantidade de 100 € e entregar mostras do
viño inscrito que deberán de superar dúas probas, unha análise organoléptica e
unha cata popular polos membros da Confraría do Viño de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario