A
Revista de viños e gastronomía HUM do xornal La Voz de Galicia publicou o pasado domingo unha reportaxe dedicada ao aceite de Quiroga. Baixo o título de Mansa e
Brava, as olivas galegas do aceite de Quiroga, o coñecido periodista J.M.
Orrióls, autor do artigo, fixo un repaso da importancia do aceite na nosa
comarca dende a Idade Media.
Dende
o Século XV existe documentación sobre a importancia que na economía do Val de
Quiroga tivo o aceite de oliva nesta zona na que abundas as oliveiras
centenarias e aínda se conservan vellos muíños, como o de Bendilló, onde se
recrea esta historia.
Orrióls
destaca a importancia da oliveira Mansa e da Brava durante a Idade Media xa que
no noso val marcábanse as fincas con oliveiras en vez de con mouteiras de
pedra. Oliveiras que afortunadamente quedaron en pe e que se recuperaron para
producir aceite, agora con tecnoloxía máis moderna pero conservando as
características organolépticas dos aceites primitivos.
Apunta
Orrióls que debido a esa importancia o concello de Quiroga creou un “mini
consello regulador” , inscribindo na oficina de patentes a marca “Aceite de
Quiroga”. Con isto creouse unha contraetiqueta que leva todo o aceite que se
produce no noso concello, despois de pasar exhaustivos controis de todo tipo,
entre os que se inclúe a cor, o sabor, a acidez ou o lugar de onde proceden as
olivas. Requisitos sen os que non se autoriza a súa venda como Aceite de
Quiroga.
O
artigo tamén recolle as declaracións do alcalde Julio Álvarez, que afirma que "se está á espera de que a Consellería de Medio Rural, despexe as dúbidas que di
ter sobre esta realidade, para solicitar xa á Xunta de Galicia que tramite
primeiro ao Goberno Central e despois á Unión Europea, o expediente que
presentará o concello para obter a denominación de orixe do noso aceite". O
alcalde afirma que "o aceite de Quiroga cumpre todos os requisitos que esixe a
Unión Europea, porque temos unha longa e documentada historia, tamén oliveiras
que son únicas deste val e ademais, solicítase para un territorio delimitado
moi concreto". Tamén remarca que "si se planea facer unha denominación de orixe
que se chame de calquera outra forma, estarase cometendo un grave erro e dende
o concello de Quiroga loitarase pola nosa denominación".
No hay comentarios:
Publicar un comentario