19 nov 2014
14 nov 2014
RESINTONIZACIÓN DAS CANLES DE TELEVISIÓN
Os veciños
do municipio xa poden resintonizar os seus televisores para poder ver todas as
canles de televisión. Unha vez actualizados os repetidores situados na Moá, en
Bendilló e en San Pedro de Lor; todos os usuarios xa poden sintonizar todas as
canles na súa frecuencia de emisión definitiva.
Aínda que
nun principio nos edificios se falaba da necesidade de que tivesen que ser
necesarios os servizos dun antenista, nun principio non vai ser necesario en
todos os edificios, polo que primeiramente deberase tentar a resintonización
directamente en cada televisor a través do seu mando. De non ser posible a
resintonización entón si debería acudir o antenista. Para estes usuarios o
ministerio de Industria lanzou un programa de axudas para que as comunidades de
propietarios de Galicia adapten as súas antenas colectivas o novo sistema de
transmisión dixital terrestre TDT, que se vai levar a cabo ata o 31 de
decembro.
As axudas varían en función do tipo de antena
e van dende os 100 ata os 550 euros. As axudas solicitaranse por parte das
comunidades de propietarios. Poderán representar a comunidade, o presidente da
mesma, o administrador autorizado pola comunidade ou o propio instalador que
realice a adaptación en nome de dita comunidade. O que sí é requisito
imprescindible é que os traballos os realicen instaladores autorizados polo
Ministerio de Industria.
Neste
momento todas as canles existentes están en funcionamento na súa canle
definitiva. Dende onte xoves, xa está emitindo tamén a canle que faltaba, Teledeporte
polo repetidor de A Moá na canle 41. Agora sí xa é recomendable que todos os veciños resintonicen
os seus televisores.
También
están reprogramadas as canles dos micro-reemisores de Bendilló, San Pedro de
Lor e Vilaester.
Esta non
será a última modificación que o goberno levará a cabo en canto ás televisións,
xa que a finais de febreiro do vindeiro ano poñeranse en marcha as canles 26 e
36 que emitirán novas sinais de televisión.
6 nov 2014
O 18 DE NOVEMBRO A CASA DA CULTURA ACOLLE UN SEMINARIO SOBRE AGRICULTURA E GANDERÍA ECOLÓXICA
O salón de actos da Casa de Cultura acollerá o vindeiro 18 de novembro un
seminario sobre Agricultura e Gandería Ecolóxicas. A charla divulgativa versará
entre outros temas sobre a producción ecolóxica, normativa e certificación,
producción animal e vexetal na explotación ecolóxica e sobre todo tipo de
axudas.
Todas as persoas interesadas en
asistir poden realizar as inscripcións no concello ou a través do correo
electrónico asociación.dpe@gmail.com ou no teléfono
678 64 55 49. O horario será dende as 4 da tarde as dez da noite.
O seminario está organizado pola asociación DEPROECO, e nel colabora o
Concello de Quiroga e está financiado polo Ministerio de Agricultura e a Xunta
de Galicia.
5 nov 2014
O MUSEO XEOLÓXICO DE QUIROGA ORGANIZA DOUS OBRADOIROS, UN DE ARQUEOLOXÍA E OUTRO DE XEOLOXÍA
O Museo Xeolóxico de Quiroga está organizando dúas actividades para o
este mes de Novembro.
A primeira delas terá lugar o domingo día 23, e consiste en Palentoloxía de
Campo : Viaxe por Laciana, Babia e Barrios de Luna para visitar os xacementos
de fósiles de: Orallo, Lumajo e Museo de Interpretación del Cámbrico en Miñera.
A saída será as oito da mañá dende a
casa da cultura e nesta actividade estarán acompañados polo biólogo-naturalista
Guillermo Díaz Aira. O prezo desta actividade será de 10 euros por persoa.
A segunda das actividades terá lugar o
sábado 29 de novembro ás dez da mañá nas instalacións do Museo Xeolóxico e
abrirase cunha charla de Metodoloxía Arqueolóxica, a cargo da
Arqueóloga Tania Arias Canceliña.O xacemento, as once e media da mañá comezará a visita e
Charla ao Castro da Torre en Sobredo no concello de Folgoso de Caurel, esta
actividade correrá a cargo do Arqueólogo Iván Álvarez Merayo. Esta actividade
ten un prezo de 5 euros por persoa.
O prazo xa está aberto e para poder
recibir máis información ou inscribirse é necesario acudir a casa da cultura
persoalmente ou chamar (Teléfono 982435125). Esta actividade está organizada
dende a Área de Cultura do Concello de Quiroga en coloboración coa Área de
Cultura da Deputación Provincial.
O CONCELLO DE QUIROGA ABRE DE NOVO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO CURSO BÁSICO DE PRIMEIROS AUXILIOS:ACTUACIÓNS ANTE ACCIDENTES LABORAIS PARA O SECTOR AGRO-GANDEIRO E FORESTAL
A
Conselleria de Traballo e Benestar do Instituto Galego de Seguridade e Saude
Laboral, a través dunha cofinanciación do Ministerio de Agricultura
,Alimentación e Medio Ambiente a través do programa de desenvolvemento Rural
Sostible, coa colaboración do Concello de Quiroga abre de novo o prazo para
inscribirse no Curso Básico de Primeiros Auxilios: Actuacións ante os accidentes
laborais para o sector agro-gandeiro e forestal.
O obxectivo
deste curso é dotar os traballadores do sector agro gandeiro e forestal dos
coñecementos e habilidades básicas e necesarias para prestar, o máis
eficazmente posible, os primeiros auxilios ante unha situación de urxencia
producida por un sinistro laboral.
O curso vai
destinado a persoas traballadoras ocupadas e desempregadas do sector agro
gandeiro e forestal, e que estén empadroados en Quiroga, Folgoso do Courel ou
Ribas de Sil; ou que traballaaran ou traballen nun centro de traballo situado
nun concello de plan de zona...
O curso que
consta de 20 horas, 4 ó día, impartiríase no Telecentro da Casa da Cultura
dende o día 24 de novembro ata o día 28
de novembro, en horario de tarde. O número mínimo de prazas son 15 persoas e o máximo 20 alumnos.
As persoas
interesadas en participar poden entregar as solicitudes no concello de Quiroga,
dende onde se remitirán ao Instituto Galego de Seguridade e Saude Laboral,
antes do mércores 19 de novembro.
4 nov 2014
O CONCELLO DE QUIROGA XA TEN ORGANIZADOS OS ACTOS PARA A CELEBRACIÓN DO SAN MARTIÑO
Numerosas actividades organizadas dende o Concello con motivo da
festa do San Martiño, patrón da vila, que comezarán xa este sábado día 8 as
seis da tarde co acto de entrega da Medalla de Ouro a Don Manoel Carrete
Rivera, acto que terá lugar no salón de actos da Casa do Concello.
As sete a compañía Nostrum Cai
presenta a obra teatral “Radio Universo” no Auditorio Municipal.
Dentro das actividades deportivas o domingo día nove as doce do mediodía terá lugar a
xa tradicional Carreira Popular San Martiño, na carreira de caracter local,
haberá como sempre varias categorías para rapaces e rapazas de 6 a 15 anos, a
saída e meta estará situada diante da Casa Consistorial e o recorrido será
dentro da casco urbán. As catro e cuarto e no campo do San Martiño o F.C.Quiroga
enfróntase o Garabolos.
O martes, día de San Martiño e festa local, as once menos cuarto pasarúas
a cargo da Banda de Gaitas polas rúas do pobo, ás doce da mediodía se o tempo o
permite celebrarase a procesión na que o Santo homenaxeado recorrerá a Praza
Maior. Ao remate dos actos relixiosos actuarán o grupo de danzas Arume da
Queiruga acompañado da banda de gaitas San Martiño.
Pola tarde, a partir das catro, xogos populares para os máis pequenos e a
partir das sete da tarde castañas asadas e viño novo, amenizadas pola
música do duo Fondo Tropical.Nun descanso da festa, sobre as nove da noite
terá lugar a entrega de premios dos os rapaces que participen nos xogos
populares.
3 nov 2014
A OFICINA DE XUVENTUDE ORGANIZA O X CERTAME DE RELATO CURTO
A oficina de xuventude organíza o
X Certame de Relato Curto, de tema libre, e no que poden participar todas as
persoas co desexen con tantos relatos curtos como queiran.
Os relatos poden estar escritos
en castelán ou en galego cunha extensión máxima de vinte folios e mínima de
dous, mecanografados ou a ordenador por unha sóa cara, por duplicado e sen
firma.
Os datos do autor/a, dirección e
teléfono presentaránse dentro dun sobre pechado. No exteriror figurará o título
do relato e a categoría na que participa, xuvenil ou adultos dependendo de se o
autor ten menos de 18 anos ou máis.
Os traballos pódense enviar por
correo ou entregalos persoalmente na Casa de Cultura de Quiroga ou na Oficina
de Información Xuvenil, antes do 5 de decembro de 2014.
Premiaranse os tres mellores
relatos de cada categoría. Os premios consistirá, para o primeiro nun e-book, o segundo unha obra
de relatos e o terceiro premio unha placa conmemorativa.
O fallo do xurado será inapelable.
Comunicaráselles ós gañadores a data fixada polo Concello para a entrega dos
premios.O concello reservase o dereito a deixar o certame deserto.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)