25 ene. 2012

DESCOÑECIDOS SAQUEAN UN POBO DURANTE A NOITE

O pobo de Parteme foi esta noite obxeto dun saqueo en gran parte das súas vivendas. Os roubos nos que se contabilizaron unha moto, chourizos, gasoil dos tractores, documentación dun coche ou cuberterías afectaron a tres vivendas e uns cinco baixos.

Os feitos que xa están en coñecemento da Garda Civil de Quiroga ocorreron a partir das duas da mañá, hora na que os veciños comenzaron a oir que os cans ladraban moito pero que ninguén fixo moito caso, por ser sobre todo xente maior.

Os veciños relataban esta mañá os feitos, mentras comenzaban a evaluar os danos sofridos durante a noite, e que ninguén puido aínda cuantificar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario