A lotería do Neno deixou onte trece
millóns de euros en Ribas do Sil, o bar Central vendeu en San Clodio 65 décimos
do 22.654, o primeiro premio deste ano.
En Quiroga tamén se vendeu un décimo premiado, a través de
máquina, pero descoñécese quen puido ser o agraciado. A traballadora da
administración, agradecía que a xornada deixara "algo de sorte" na
localidade, onde levan traballando 12 anos e onde o ano pasado xa caera un
cuarto premio de Lotería.
No bar Central de San Clodio, clientes afortunados, moitos deles de
Quiroga, amigos e veciños celebraron a súa sorte, tras chegar de Lugo os
responsables provinciais de Loterías e Apostas do Estado cos carteis para
anunciar que se vendera o primeiro premio do Neno.
O
que os concellos de Ribas do Sil e Quiroga estén tan próximos e que os veciños
de un e de outro comparten traballo e vidas nos dous territorios propiciaron
que o premio se reparta agora entre os dous municipios.
Cada
décimo do 22.654 está agraciado con 200.000 €, que se quedarán en 160.000 €
tras descontar a parte do Ministerio de Facenda. O Central é bar e despacho de
loterías dos denominados mixtos, que non venden décimos directamente como as
administracións, se non a través de máquina. Pero adquiriron un lote de 65 décimos
do mesmo número para ofrecelos aos seus clientes, xa que este número era o que
xogaba o establecemento dende facía tempo.
O cava correu polo bar celebrando a
felicidade dos agraciados, que non podían conter a súa emoción. Entre os que acudían a celebralo aínda non decidiran en que ían gastar o diñeiro, pero o tan recurrido de tapar buratos era o máis escoitado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario