O Concello de Quiroga ben de fixar a data de celebración da XVI Mostra do Aceite de
Quiroga,
para o domingo, día 8 de maio no muíño de Bendilló.
A mostra que celebrou moitas
das súas edicións nos meses de febreiro ou marzo, trasladouse nas dúas últimas edicións
ao mes de maio. Este cambio na data de celebración do evento responde ao mellor
estado do produto para a súa presentación e venda, xa que o aceite está máis
decantado e clarificado.
A Mostra do Aceite de
Quiroga conta dende maio do 2013 co recoñecemento da Xunta de Galicia como
Festa de Interese Turístico de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario