O
Concello de Quiroga en colaboración coa Axencia de Turismo de Galicia da
Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia levou a cabo o proxecto
denominado "Plan integral de ordenación dos sendeiros do Concello de
Quiroga".
Este proxecto comprende varias actuacións encamiñadas a converter o
territorio do Concello de Quiroga nun dos puntos de referencia para os amantes
da práctica do sendeirismo.
O
abeiro deste proxecto realizouse un estudo completo de todos os itinerarios
activos dentro do Concello de Quiroga para a toma de datos GPS, fotografías e
outros datos que puideran contribuír a ofrecer a mellor información posible aos
visitantes e decidir cales son os percorridos máis adecuados para esta
práctica.
Todo
esto plasmouse nunha guía impresa que recolle os seis roteiros homologados do
Concello de Quiroga, máis outros tres tradicionais que polas súas
características non poden acadar esta cualificación.
Pensouse
nunha guía en formato de peto, cómoda de transportar, que contivera a
información básica de cada un dos percorridos: datos básicos da ruta
(lonxitude, desnivel, dificultade), fotos, mapa, aloxamentos, auga, recomendacións etc.
Esta
guía e cada unha das fichas dos percorridos poderase descargar, en breve en
formato .pdf na nova páxina do Concello de Quiroga en concellodequiroga.com
Como
complemento a esta edición en papel xa está en funcionamento un perfil
específico en Wikiloc do Concello de Quiroga no que aparecen as mellores rutas
e no que se ofrecerán datos continuos sobre o seu estado:
Esta
plataforma que está na internet pódese utilizar tamén desde calquera
dispositivo móbil o que facilita aos usuarios os percorridos propostos.
Na
actualidade o Concello de Quiroga ten tres roteiros homologados: -Ruta do ouro
e do camiño real en Margaride, -Ruta da Lagoa da Lucenza na Seara e -Ruta do
Camiño Ferradal ou da Caleira entre Rugando e Ponte Soldón. Están en período de
revisión para a súa homologación outras tres rutas: -Ruta do pregamento
xeolóxico de Campodola, -Ruta de Rugando á Seara e -Ruta do val do río Quiroga
en Campos de Vila.
No hay comentarios:
Publicar un comentario