O Concello de Quiroga, co gallo da celebración
do Entroido, organiza para o día 7 de febreiro un Concurso Desfile de
Comparsas.
No
concurso poden participar todas as comparsas que o desexen tanto deste Concello
coma doutros, sempre e cando estean integradas por dez membros como mínimo.
Establécense
tres premios: un primeiro premio de 500 €, o segundo de 300 € e un terceiro premio de 150 €. O resto das comparsas participantes recibirán 60
€.
Ademais das comparsas, poden participar
disfraces individuais, (nesta modalidade o máximo serán tres membros por
disfrace) e levarán un único premio de 60 €.
O
xurado estará composto por un membro de cada comparsa participante, que
valorará a orixinalidade dos disfraces, a coreografía e a escenografía de cada
comparsa, menos da que representa.
A saída do desfile terá lugar da Rúa
Piscinas, ás cinco da tarde, continuando pola Rúa Real ata a Casa da Cultura.
Os premios entregaranse na praza de Pacios, por coincidir o desfile coa festa
do San Blas.
As comparsas que queiran participar
deberán de inscribirse na Casa da
Cultura antes o día 4 de febreiro, persoalemnte ou a través do teléfono 982.43.51.25.
Tamén
o luns día 8 de febreiro, terá lugar unha Festa Infantil de disfraces, a
partir das cinco da tarde.
No hay comentarios:
Publicar un comentario