17 ago 2012

O CONCELLO LEVA A CABO UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE A SEPARACIÓN DO LIXO


           O concello de Quiroga está levando a cabo unha campaña informativa sobre a separación do lixo. Así recordalle a veciños e visitantes onde debe depositarse cada un dos residuos que se xera no fogar.
No contedeor amarelo deben depositarse os envases lixeiros, entre os que se inclúen os envases de plástico, os envases metálicos, como as latas de bebida ou conservas, e os envases tipo brik. É moi importante que os envases vaian totalmente baleiros.
No contedor de vidrio, deberanse depositar botellas, tarros e frascos que deberan ir tamén baleiros e sen tapas nin tapóns. Neste contenedor non se poderán depositar  vasos, copas, vidros de ventás, espellos, bombillas nin materiais cerámicos.
No contedor de cartón, soamente se poderá botar papel e cartón. As caixas débense pregar axeitadamente, se o contenedor está cheo, deixarase enriba do mesmo ben colocado. Ademáis en caso de grandes cantidades deste material disponse de recollida a domicilio chamando ao teléfono 636.69.35.00.
          No contedor de orgánica botaranse todolos residuos que non poden ir noutros contenedores, tales como restos de comida, calzado, xoguetes, porespán, trapos, etc. Estes residuos deberán de ir en bolsas ben pechadas para evitar cheiros.
Tamén se dispón de colector de recollida de aceite de cociña usado. O aceite doméstico usado depositarase nestes contedores metido en botellas de plástico ben tapadas, de maneira que non vertan. Dende o concello recórdase a importancia de usar este colector, xa que un litro de aceite usado pode contaminar máis de mil litros de auga.
          Finalmente, o concello tamén dispón dun punto limpo ao que se levarán os residuos voluminosos, como mobles e colchóns, restos metálicos do fogar, cascallos de pequenas obras, electrodomésticos, pilas e baterías, divolventes e pinturas, fluorescentes e radiografías. Para utilizar este punto o concello dispón dun servizo de recollida a domicilio chamando ao tfno: 636.65.35.00.

16 ago 2012

MONTEFURADO ACOLLE ESTA FIN DE SEMANA A SÚA PRIMEIRA FESTA ROMANA


O pobo de Montefurado celebrará esta fin de semana a súa primeira festa romana, na que haberá distintas actividades para recordar a presenza romana na zona, que deixou pegadas indelebles como o túnel romano.

A festa está organizada pola asociación veciñal Boca do Monte, que conta co patrocinio do Concello de Quiroga e coa colaboración do grupo Caetra Lucensium, de reconstrución histórica, colectivo que goza de gran prestixio ao ser unha peza crave en festas como o Arde Lucus (Lugo).

O sábado abrirase o programa ás 10.00 da mañá cunha camiñada cultural romana con saída do pobo de Anguieiros para visitar os máis importantes enclaves romanos da zona.

Ás doce e media está prevista a chegada das tropas romanas co legado do César ao pobo de Montefurado. Os oficiais da lexión formarán as tropas e ensinarán o armamento dos lexionarios.

Xa pola tarde, ás cinco unha charla coloquio titulada “Montefurado, a historia dormida” repasará os diferentes aspectos históricos da zona, dende a época romana ata os nosos días. Unha hora máis tarde os visitantes poderán ver o fundido do metal e a acuñación da moeda denominada “caetra”, utilizada para pagarlle as tropas romanas.

Á media noite farase unha queimada con conxuro aos deuses.

O domingo ás once e media desfilarán polas rúas do pobo as patrullas romanas. Ás doce celebrarase a misa na honra a San Miguel, patrón de Montefurado, a continuación a procesión estará acompañada polos tambores romanos.

Pola tarde, o lanzamento de dardos con ballesta poñerá punto final a primeira festa romana de Montefurado.

10 ago 2012

COA FESTA DA COMUNIDADE E A MOSTRA DO MEL ARRANCAN AS FESTAS DE QUIROGA

Na noite de onte comenzaban as das Festas de Verán de Quiroga coa Festa da Comunidade. A organización, como anos anteriores, correu a cargo do Concello de Quiroga e a Comunidade de Montes en man común de A Conchada.

A festa da Comunidade dende hai xa sete anos forma parte dos actos que o concello organiza para celebrar as súas Festas de Verán, sendo deste xeito un atractivo máis dentro do turismo gastronómico da nosa bisbarra.

Como xa é habitual a festa celebrouse nas inmediacións do parque da Constitución a partir das oito e media do serán.

O menú da cea desta edición estivo composto por: codillo asado con arroz blanco, guisantes, pementos e pan de fogaza; empanada de carne e roscón do país. Todo elo acompañado de  viño tinto, auga, refrescos en lata e tinto de verán. Para degustar a cea era preciso adquirir previamente un vale ao prezo de 5€.

Ao remate da cea comenzou a música en directo no propio recinto da festa a cargo do grupo local, Fondo Tropical.

Pero a festa continúa na xornada de hoxe. Ás once da mañá inaugurouse a XXI Mostra do Mel, e os postos de venda e exposición de mel e outros produtos típicos da zona, estiveron a disposición de quen o desexara dende primeiras horas da mañá ata despois do xantar.
  
Os 10 apicultores participantes nesta edición foron:
* Jose Río  Espada, de Pacios de Mondelo.
* Isabel Marcos López, da Ponte Rodela
* Manuel Macía González, das Estradas.
* Angel Gómez Martínez, de Paradapiñol.
* Andrés Campo García, de Fisteus.
* Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais.
* Agripino Ferreira Machado, de Quiroga.
* Mª Luisa Fernández Gafo, de Caspedro.
* Blanca Carballo Rodríguez, de Quiroga.
* Manuel Macía Castiñeira, de Quiroga.
         
Ademáis haubo tres expositores de productos típicos da zona como o aceite, licores ou castañas.
          Como novidade nesta edición a Delegación de Cultura mediante o Museo Etnográfico de Quiroga, organizou un fiadeiro tradicional, no que poideron observarse os procesos do traballo para obter fío coa la de ovella. Así poideronse ver labouras de cardado, fiado ao fuso e a roca, torcido, tecido con agullas e tecido dos flecos para a decoración.

A festa continuará esta mesma noite a partir das once cunha nova actuación do programa música na rúa, nesta ocasión na rua Real, entre o Mesón Andaluza, Vinoteca Quiroga e bar Lago. E as doce e media da noite na zona dos pubs vai a ter lugar a Festa da Xuventude coa actuación dos grupos musicais Lethal  Chains, Utopía  e  Más  Iva, ao comenzo destes concertos procederasea a entrega dos premios do concurso de fotografía.
    
           Mañá sábado e o domingo non faltarán os pasarúas nin as actuacións. Así a unha da mediodía acturará o grupo de danzas San Martiño acompañado da banda de Gaitas do mesmo nome. A partir das sete da tarde, na praza de España todolos rapaces poderán disfrutar do Concurso Pinta con Xiz no Chan e a continuación dunha festa infantil. O grupo Limón e o prato forte deste ano, a actuación do coñecido grupo folk A RODA, serán as actuacións musicais da noite.

Xa o domingo a Banda de Música de Antas de Ulla dará un concerto a unha da mediodía. Ás seis e media da tarde presentarase o novo equipo do Quiroga Fútbol Club, que disputará o IV Trofeo Joyería Zafiro no campo do San Martiño. Ás oito do serán a praza de España acollerá un espectáculo de maxia infantil e a orquestra a Bámbola e o grupo La Oca pecharán as festas deste ano.

Precisamente con motivo das festas, a rúa Real permanecerá cortada ao tráfico dende as doce da mediodía de mañá sábado ata a primeira hora do luns. Mentras permaneza pechada ao tráfico esta rúa, a circulación terá unha regulación especial debidamente sinalada.

8 ago 2012

CO SORTEO DE POSTOS DE VENDA COMEZA O PROGRAMA DA XXI MOSTRA DO MEL


O Concello de Quiroga, celebra o venres día 10, coincidindo coa feira mensual máis importante do ano e coas festas de verán de Quiroga, a XXI Mostra do Mel de Quiroga. Este evento gastronómico ten como obxectivo principal dar a coñecer as magníficas calidades do mel que se produce na zona de Quiroga, que comparte un lugar destacado con produtos como o viño, o aceite ou as castañas.
O programa comezará xa esta tarde, ás oito do serán na casa de cultura, cunha reunión dos apicultores participantes na mostra e na que se sortearán os postos de venda e se lles entregará as credenciais ós dez apicultores que participan nesta edición.
Tendo en conta as preferencias dos participantes na mostra a comisión organizadora decidiu que os postos de venta e exposición dos productos sexa na parte alta da rúa Real, en concreto nas inmediacións da Casa do Concello.
A programación variará pouco con respecto ás anteriores edicións, daquela haberá un acto de inauguración ás 11 horas e os postos de venda e exposición de mel e outros produtos típicos da zona, estarán a disposición de quen o desexe dende primeiras horas da mañá ata despois do xantar.
Como novidade nesta edición a Delegación de Cultura mediante o Museo Etnográfico de Quiroga, organiza un fiadeiro tradicional, no que poderán observarse os procesos do traballo tradicional coa la de ovella, no mesmo recinto da Mostra do Mel.
Os 10 apicultores participantes nesta edición son:
* Jose Río  Espada, de Pacios de Mondelo.
* Isabel Marcos López, da Ponte Rodela
* Manuel Macía González, das Estradas.
* Angel Gómez Martínez, de Paradapiñol.
* Andrés Campo García, de Fisteus.
* Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais.
* Agripino Ferreira Machado, de Quiroga.
* Mª Luisa Fernández Gafo, de Caspedro.
* Blanca Carballo Rodríguez, de Quiroga.
* Manuel Macía Castiñeira, de Quiroga.
          Ademáis haberá tres expositores de productos típicos da zona como o aceite, licores ou castañas.
Precisamente con motivo desta celebración, a rúa Real permanecerá cortada ao tráfico dende as once da mañá ata media tarde. Mentres permaneza pechada ao tráfico esta rúa, a circulación terá unha regulación especial debidamente sinalada.

O CONCELLO ACOLLE MAÑÁ UN ENCONTRO DA COMUNIDADE GALEGA EN CATALUÑA


O concello de Quiroga acollerá mañá xoves o Encontro dá Comunidade Galega en Cataluña, unha reunión anual organizada pola Federación de Entidades Galegas en Catalunya (Fegalcat) que se celebra cada verán nun municipio diferente de Galicia.

Este encontro homenaxea cada ano a unha persoa vinculada coa cultura galega na emigración. Nesta ocasión homenaxearase a Arsenio Castro González, natural de Quiroga e antigo presidente da asociación Toxos e Xestas, que promove a música e a danza galegas en Barcelona.

O programa de actividades comezará ás once da mañá cunha recepción aos participantes -entre os que haberá numerosas persoas de orixe quirogués- no salón de plenos do Concello. Os visitantes asistirán despois -ás doce do mediodía- á presentación do libro de fotografías Os nosos devanceiros na igrexa parroquial da vila. Posteriormente compartirán unha comida de confraternización e visitarán o museo Etnográfico municipal.

7 ago 2012

FALLADOS OS PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "QUIROGA, E TI COMO A VES?


      A área de Xuventude do Concello, anunciou que a gañadora da cámara dixital do Concurso de Fotografía, “Quiroga, e ti como a ves”, foi AURA PACHECO VELÁSQUEZ coa foto “ENTRE LUSCO E FUSCO”.
          No certame houbo unha quincena de fotos presentadas, que se subirán á páxina do facebook da Omix de Quiroga na mañá do mércores día 8.
          A entrega de premios, xa que o resto de participantes levarán un detalle, terá lugar o venres día 10, coincidindo coa Festa da Xuventude, a partir das doce e media da noite  na zona de pubs.
          Tras a entrega dos premios comenzarán os concertos dos grupos musicais + IVA, LETHAL CHAINS e UTOPÍA.

2 ago 2012

O VINDEIRO XOVES PRESÉNTASE O LIBRO FOTOGRÁFICO: OS NOSOS DEVANCEIROS


          O vindeiro xoves día 9 de agosto, terá lugar a presentación do libro: Os nosos devanceiros, Quiroga, Rivas do Sil e Courel, realizado por Jesús Río e Manoel Carrete.
Trátase dun libro de fotografías en branco e negro dos tres concellos.
As fotos foron cedidas por particulares e son de temática diversa, nas que se poden atopar fotos de familia, de festa, da mocidade, ou do agro.

          A finalidade deste libro, segundo os seus autores é recuperar material fotográfico das terras de Quiroga, Rivas do Sil e Courel. Os fondos acadados pola súa venda servirán para realizar outras actividades de tipo cultural.


          A presentación terá lugar o día 9 ás doce da mediodía na Igrexa parroquial de Quiroga