17 ago 2012

O CONCELLO LEVA A CABO UNHA CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE A SEPARACIÓN DO LIXO


           O concello de Quiroga está levando a cabo unha campaña informativa sobre a separación do lixo. Así recordalle a veciños e visitantes onde debe depositarse cada un dos residuos que se xera no fogar.
No contedeor amarelo deben depositarse os envases lixeiros, entre os que se inclúen os envases de plástico, os envases metálicos, como as latas de bebida ou conservas, e os envases tipo brik. É moi importante que os envases vaian totalmente baleiros.
No contedor de vidrio, deberanse depositar botellas, tarros e frascos que deberan ir tamén baleiros e sen tapas nin tapóns. Neste contenedor non se poderán depositar  vasos, copas, vidros de ventás, espellos, bombillas nin materiais cerámicos.
No contedor de cartón, soamente se poderá botar papel e cartón. As caixas débense pregar axeitadamente, se o contenedor está cheo, deixarase enriba do mesmo ben colocado. Ademáis en caso de grandes cantidades deste material disponse de recollida a domicilio chamando ao teléfono 636.69.35.00.
          No contedor de orgánica botaranse todolos residuos que non poden ir noutros contenedores, tales como restos de comida, calzado, xoguetes, porespán, trapos, etc. Estes residuos deberán de ir en bolsas ben pechadas para evitar cheiros.
Tamén se dispón de colector de recollida de aceite de cociña usado. O aceite doméstico usado depositarase nestes contedores metido en botellas de plástico ben tapadas, de maneira que non vertan. Dende o concello recórdase a importancia de usar este colector, xa que un litro de aceite usado pode contaminar máis de mil litros de auga.
          Finalmente, o concello tamén dispón dun punto limpo ao que se levarán os residuos voluminosos, como mobles e colchóns, restos metálicos do fogar, cascallos de pequenas obras, electrodomésticos, pilas e baterías, divolventes e pinturas, fluorescentes e radiografías. Para utilizar este punto o concello dispón dun servizo de recollida a domicilio chamando ao tfno: 636.65.35.00.

No hay comentarios:

Publicar un comentario