23 ago 2012

"RUGANDO" DE CELIA DÍAZ PRESÉNTASE O DÍA 31 EN QUIROGA


A Casa da Cultura de Quiroga acollerá o venres, 31 ás oito e media do serán, a presentación lo libro "Rugando", de Celia Díaz.
 
Celia Díaz, con raices quiroguesas, é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa e en Filoloxía Hispánica e tamén diplomada en Maxisterio. Traballa como profesora de educación secundaria en Ourense, onde reside. A súa actividade docente compaxínaa coa literatura, campo no que acadou varios premios.
 
Entre as súas obras podemos atopar: “Adeliña”, obra gañadora do primeiro premio de literatura infantil e xuvenil Pura e Dora Vázquez, no ano 2004; “Cataventos e Cía” coa que tamén no ano 2004 gañou o premio Barriga Verde de textos literarios; e “Rugando” co que gañou novamente o premio Pura e Dora Vázquez no ano 2011.
 
Ademáis é autora de varios libros de texto de literatura galega e do libro “Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores”, publicado no ano 1995.
 
O libro que se vai presentar, titulado, ‘Rugando’, ubicase neste lugar de Quiroga, e a autora parte da base histórica do funcionamento das antigas ferrerías para constuir un relato de intriga.
 
A obra ten duas partes diferenciadas. Unha primeira parte situada no presente, no que un grupo de rodaxe se despraza ata Rugando para rodar un documental sobre a elaboración do ferro. Na segunda parte, un monje de Samos chega a Rugando para administrar a ferrería. Nesta parte é onde se fragua o misterio que recolle a obra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario