8 ago 2012

O CONCELLO ACOLLE MAÑÁ UN ENCONTRO DA COMUNIDADE GALEGA EN CATALUÑA


O concello de Quiroga acollerá mañá xoves o Encontro dá Comunidade Galega en Cataluña, unha reunión anual organizada pola Federación de Entidades Galegas en Catalunya (Fegalcat) que se celebra cada verán nun municipio diferente de Galicia.

Este encontro homenaxea cada ano a unha persoa vinculada coa cultura galega na emigración. Nesta ocasión homenaxearase a Arsenio Castro González, natural de Quiroga e antigo presidente da asociación Toxos e Xestas, que promove a música e a danza galegas en Barcelona.

O programa de actividades comezará ás once da mañá cunha recepción aos participantes -entre os que haberá numerosas persoas de orixe quirogués- no salón de plenos do Concello. Os visitantes asistirán despois -ás doce do mediodía- á presentación do libro de fotografías Os nosos devanceiros na igrexa parroquial da vila. Posteriormente compartirán unha comida de confraternización e visitarán o museo Etnográfico municipal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario