10 ago 2012

COA FESTA DA COMUNIDADE E A MOSTRA DO MEL ARRANCAN AS FESTAS DE QUIROGA

Na noite de onte comenzaban as das Festas de Verán de Quiroga coa Festa da Comunidade. A organización, como anos anteriores, correu a cargo do Concello de Quiroga e a Comunidade de Montes en man común de A Conchada.

A festa da Comunidade dende hai xa sete anos forma parte dos actos que o concello organiza para celebrar as súas Festas de Verán, sendo deste xeito un atractivo máis dentro do turismo gastronómico da nosa bisbarra.

Como xa é habitual a festa celebrouse nas inmediacións do parque da Constitución a partir das oito e media do serán.

O menú da cea desta edición estivo composto por: codillo asado con arroz blanco, guisantes, pementos e pan de fogaza; empanada de carne e roscón do país. Todo elo acompañado de  viño tinto, auga, refrescos en lata e tinto de verán. Para degustar a cea era preciso adquirir previamente un vale ao prezo de 5€.

Ao remate da cea comenzou a música en directo no propio recinto da festa a cargo do grupo local, Fondo Tropical.

Pero a festa continúa na xornada de hoxe. Ás once da mañá inaugurouse a XXI Mostra do Mel, e os postos de venda e exposición de mel e outros produtos típicos da zona, estiveron a disposición de quen o desexara dende primeiras horas da mañá ata despois do xantar.
  
Os 10 apicultores participantes nesta edición foron:
* Jose Río  Espada, de Pacios de Mondelo.
* Isabel Marcos López, da Ponte Rodela
* Manuel Macía González, das Estradas.
* Angel Gómez Martínez, de Paradapiñol.
* Andrés Campo García, de Fisteus.
* Manuel Rodríguez Fernández, de Centeais.
* Agripino Ferreira Machado, de Quiroga.
* Mª Luisa Fernández Gafo, de Caspedro.
* Blanca Carballo Rodríguez, de Quiroga.
* Manuel Macía Castiñeira, de Quiroga.
         
Ademáis haubo tres expositores de productos típicos da zona como o aceite, licores ou castañas.
          Como novidade nesta edición a Delegación de Cultura mediante o Museo Etnográfico de Quiroga, organizou un fiadeiro tradicional, no que poideron observarse os procesos do traballo para obter fío coa la de ovella. Así poideronse ver labouras de cardado, fiado ao fuso e a roca, torcido, tecido con agullas e tecido dos flecos para a decoración.

A festa continuará esta mesma noite a partir das once cunha nova actuación do programa música na rúa, nesta ocasión na rua Real, entre o Mesón Andaluza, Vinoteca Quiroga e bar Lago. E as doce e media da noite na zona dos pubs vai a ter lugar a Festa da Xuventude coa actuación dos grupos musicais Lethal  Chains, Utopía  e  Más  Iva, ao comenzo destes concertos procederasea a entrega dos premios do concurso de fotografía.
    
           Mañá sábado e o domingo non faltarán os pasarúas nin as actuacións. Así a unha da mediodía acturará o grupo de danzas San Martiño acompañado da banda de Gaitas do mesmo nome. A partir das sete da tarde, na praza de España todolos rapaces poderán disfrutar do Concurso Pinta con Xiz no Chan e a continuación dunha festa infantil. O grupo Limón e o prato forte deste ano, a actuación do coñecido grupo folk A RODA, serán as actuacións musicais da noite.

Xa o domingo a Banda de Música de Antas de Ulla dará un concerto a unha da mediodía. Ás seis e media da tarde presentarase o novo equipo do Quiroga Fútbol Club, que disputará o IV Trofeo Joyería Zafiro no campo do San Martiño. Ás oito do serán a praza de España acollerá un espectáculo de maxia infantil e a orquestra a Bámbola e o grupo La Oca pecharán as festas deste ano.

Precisamente con motivo das festas, a rúa Real permanecerá cortada ao tráfico dende as doce da mediodía de mañá sábado ata a primeira hora do luns. Mentras permaneza pechada ao tráfico esta rúa, a circulación terá unha regulación especial debidamente sinalada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario