28 ago 2012

A "V RUTA DE MTB VAL DE QUIROGA" CELÉBRASE O DÍA 9 DE SETEMBRO


A área de deportes do concello organizou a V Ruta de Montainbike polo Val de Quiroga o domingo 9 de setembro.
 
          Ás 9.00h da mañá dará saída na Praza de España esta proba de carácter non competitivo que discurrirá por varias das zonas máis belas do val, nun ambiente perfecto para a práctica da MTB. Así tras sair da praza España recorrerase o paseo fluvial e sairase na zona da Ribeira para coller un tramo da ruta da Encomenda. Dende Caspedro subirase ata Castromouco para seguir polo alto da serra ata a Cruz das Eiras. Unha vez alí os ciclistas dirixirante cara Rugando, Baixando ata Ponte Soldón por Paradapiñol e Paradaseca. Paralelamente a N-120 seguirase por as Medas e entrarase a Quiroga dende o Toucedo.
 
O percorrido é aproximadamente uns 45 quilómetros, polo que a participación se restrinxe (pola elevada quilometraxe) a persoas maiores de 18 anos. Ó tratarse dunha ruta de carácter non competitivo faranse reagrupamentos en varios puntos, contando ademais con puntos de avituallamento.
 
Os participantes, no caso de ter que transitar por estradas abertas ó tráfico, deberán circular con precaución, respetando sempre as normas viarias. A ruta rematará de novo na zonas das Piscinas, onde cada participante poderá asearse, disfrutando dos pinchos e bebidas.
 
Os interesados en participar deberán de inscribirse antes do mércores, 5 de setembro. Nesta quinta edición, haberá que aportar 12 euros en materia de inscripción, que cobren os gastos organizativos. Nesta cuota está incluída a comida de cada participante, o avituallamento e unha camiseta técnica conmemorativa da proba.
 
Para máis información podense dirixir á dirección de correo quirogadeportes@hotmail.com, ou aos teléfonos 615336369 (Chufi) e o 620752201 (Andrés).

No hay comentarios:

Publicar un comentario