23 dic 2013
19 dic 2013
COMEZAN AS ACTIVIDADES DE NADAL
O concello
de Quiroga comeza esta fin de semana coas súas actividades organizadas pra as Festas
de Nadal. A primeira das actividades será unha videoconferencia con Papa Noel.
A iniciativa parte da Rede de Centros para a modernización e a inclusión
tecnolóxica, na que está incluído o noso municipio.
O programa conectará a todos os nenos e
nenas que o desexen con Papa Noel para facer as súas peticións, este venres, a
partir das doce da mediodía no telecentro da Casa de Cultura.
Tamén
o venres, pero a media noite, comezan os campionatos de nadal nos pubs. O
primiero deles será un campionato de fútbolín no pub Taj Mahal. Os premios
serán o primeiro unha cea para duas persoas, o segundo, un vale de 20 € e o
terceiro unha cesta de Nadal.
O
sábado, a partir das sete da tarde no Auditorio Municipal o Concerto de Nadal coa actuación
da Coral Polifónica de Quiroga , do Grupo de Danzas e da Banda de Gaitas
“San Martiño” de Quiroga, Grupo de Danzas “Arume de Queiruga” e coa actuación
Grupo de Alumnos que acoden ás clases de música organizadas polas Áreas de Educación e Xuventude.
No transcurso de este acto,
entregaranse os premios do Concurso de Postais e do IV Certame de Relato Curto organizados
dende Áreas de Xuventude e Educación.
O día 22, coa colaboración da Rede de
Dinamización Lingüística terá lugar no Auditorio Municipal a representación de
Títeres “O Crebanoces”. Trátase dun espectáculo para público familiar inspirado
no conto de Hoffman.
Os
días 26 e 27 a área de educación oferta ludoteca de Nadal, para nenos e nenas
de 3 a 12 anos en horario de once e media da mañá a unha e media.
O día 27, o grupo de teatro do Centro
Social de Quiroga, en colaboración coa área de Igualdade representará a obra de
teatro “Avós…Nunca é Tarde”.
A Programación de Nadal, que se
prolongará ata o día 5 de xaneiro inclúe
un concerto didáctico de Zanfona a cargo de Víctor Soto o día 4 de
xaneiro, a Cabalgata de Reis, o día 5 e un Campionato de Fútbol de Nadal. edia.
O día 27, o grupo de teatro do Centro
Social de Quiroga, en colaboración coa área de Igualdade representará a obra de
teatro “Avós…Nunca é Tarde”.
A Programación de Nadal, que se
prolongará ata o día 5 de xaneiro inclúe
un concerto didáctico de Zanfona a cargo de Víctor Soto o díO concello de Quiroga comeza esta fin de semana coas súas actividades organizadas pra as Festas de Nadal. A primeira das actividades será unha videoconferencia con Papa Noel. A iniciativa parte da Rede de Centros para a modernización e a inclusión tecnolóxica, na que está incluído o noso municipio.
O programa conectará a todos os nenos e nenas que o desexen con Papa Noel para facer as súas peticións, este venres, a partir das doce da mediodía no telecentro da Casa de Cultura.
Tamén o venres, pero a media noite, comezan os campionatos de nadal nos pubs. O primiero deles será un campionato de fútbolín no pub Taj Mahal. Os premios serán o primeiro unha cea para duas persoas, o segundo, un vale de 20 € e o terceiro unha cesta de Nadal.
O sábado, a partir das sete da tarde no Auditorio Municipal o Concerto de Nadal coa actuación da Coral Polifónica de Quiroga , do Grupo de Danzas e da Banda de Gaitas “San Martiño” de Quiroga, Grupo de Danzas “Arume de Queiruga” e coa actuación Grupo de Alumnos que acoden ás clases de música organizadas polas Áreas de Educación e Xuventude.
No transcurso de este acto, entregaranse os premios do Concurso de Postais e do IV Certame de Relato Curto organizados dende Áreas de Xuventude e Educación.
O día 22, coa colaboración da Rede de Dinamización Lingüística terá lugar no Auditorio Municipal a representación de Títeres “O Crebanoces”. Trátase dun espectáculo para público familiar inspirado no conto de Hoffman.
Os días 26 e 27 a área de educación oferta ludoteca de Nadal, para nenos e nenas de 3 a 12 anos en horario de once e media da mañá a unha e ma 4 de
xaneiro, a Cabalgata de Reis, o día 5 e un Campionato de Fútbol de Nadal.
9 dic 2013
OS QUIROGUESES XA PODEN ASINAR NO AUTOBÚS PARA APOIAR A CANDIDATURA DA RIBEIRA SACRA A PATRIMONIO DA HUMANIDADE
O autobús da campaña de apoio da
candidatura da Ribeira Sacra a ser Patrimonio da Humanidade chegou esta mañá a Quiroga. Ata o de agora o autobús leva recollidas peto de 6.000 firmas por
todos os concellos que visitou dentro da provincia de Lugo.
O autobús
permanecerá en Quiroga ata o mércores once de decembro, e estará situado na
praza España, en horario das dez da mañá ata as duas e polas tarde de catro a
seis, para que todos os veciños que o desexen poidan asinar no libro oficial da
Unesco. O alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, era dos primeiros en facelo esta
mesma mañá. Ademais de deixar a súa sinatura, todas as persoas que se acheguen ata o autobús, poderán atopar material
promocional da campaña e información sobre a Ribeira Sacra.
O autobús promocional, rotulado con
imaxes da propia Ribeira Sacra, que forma parte da campaña da Deputación
Provincial de Lugo para promocionar por toda España a candidatura de la Ribeira
Sacra a Patrimonio de la Humanidad está realizando un periplo por toda Galicia
e estará en diferentes localidades no que queda de ano para recoller firmas de
apoio á candidatura, ademais de repartir material informativo e publicitario
sobre esta zona, formada por 21 municipios, 13 de Lugo e 8 deOurense.
Posteriormente, a partir de 2014, ese
autobús promocional desprazarase a outras localidades de España para recompilar
apoios á candidatura fóra de Galicia.
Patrimonio
da Humanidade ou Patrimonio Mundial é o título conferido pola Unesco a
sitios específicos do planeta que foron nomeados e confirmado para a súa
inclusión na lista mantida polo Programa Patrimonio da Humanidade. O obxectivo
do programa é catalogar, preservar e dar a coñecer sitios de importancia
cultural ou natural excepcional para a herdanza común da humanidade. Baixo
certas condicións, os sitios mencionados poden obter financiamento para a súa
conservación do Fondo para a conservación do Patrimonio da Humanidade. No ano
2013, o catálogo consta de 981 sitios, dos cales 759 son culturais, 193
naturais e 29 mixtos, distribuídos en 160 países. Italia ten o maior número de
sitios (49) catalogados como "Patrimonio da Humanidade" seguida de
España, China, Alemaña, Francia, e México.
6 dic 2013
O AUTOBÚS DE APOIO Á RIBEIRA SACRA ESTARÁ A PARTIR DO LUNS EN QUIROGA
O autobús da campaña de apoio da candidatura
da Ribeira Sacra a ser Patrimonio da Humanidade chegará a Quiroga o vindeiro
luns, día 9. Ata o de agora o autobús leva recollidas 5.000 firmas por todos os
concellos que visitou dentro da provincia de Lugo.
O autobús permanecerá en Quiroga ata o
mércores once de decembro, e estará situado na praza España, para que todos os veciños
que o desexen poidan asinar no libro oficial da Unesco. Ademais de deixar a súa
sinatura, poderán atopar material promocional da campaña e información sobre a
Ribeira Sacra.
O autobús promocional, rotulado con
imaxes da propia Ribeira Sacra, que forma parte da campaña da Deputación
Provincial de Lugo para promocionar por toda España a candidatura de la Ribeira
Sacra a Patrimonio de la Humanidad está realizando un periplo por toda Galicia
e estará en diferentes localidades no que queda de ano para recoller firmas de
apoio á candidatura, ademais de repartir material informativo e publicitario
sobre esta zona, formada por 21 municipios, 13 de Lugo e 8 deOurense.
Posteriormente, a partir de 2014, ese
autobús promocional desprazarase a outras localidades de España para recompilar
apoios á candidatura fóra de Galicia.
5 dic 2013
A MOSTRA DO ACEITE TRASLADARASE AO MES DE MAIO
Hoxe tivo lugar no Concello a primeira reunión da Comisión Organizadora
da Mostra do Aceite, presidida polo
Alcalde e coa asistencia dos colleiteiros e persoal da organización.
Despois
de avaliar a pasada edición para mellorar naqueles aspectos que se poida,
e como cabe esperar, facer que esta XIV MOSTRA DO ACEITE DE QUIROGA, recoñecida este ano como Festa de Interese Turístico de Galcia supere a tódalas anteriores. Os
temas tratados nesta primeira reunión
foron os seguintes:
Escoller a
data de celebración do evento que sufrirá un atraso no tempo pasando a celebrarse
no mes de maio, posiblemente o día 18. Este atraso responde as seguintes
razóns:
-Mellora na
presentación do produto por estar máis decantado e clarificado.
-Mellora nas
condicións meteorolóxicas, por ser esta mostra ao aire libre nun entorno
privilexiado, permitirán aos asistentes disfrutar máis do evento e do entorno.
-Necesidade de
establecer unha data fixa para este xa consolidado evento.
Outro dos temas tratados foi a
creación dun Comité de Cata integrado por persoas do municipio para a
realización da mesma o día da mostra.
As condicións de partición para
as persoas interesadas en acudir a
mostra co produto son as mesmas
que en anos anteriores.
- A cantidade
mínima que ten que posuír cada colleiteiro que desexe participar no
certame debe superar os 200 litros .
- Os
participantes na mostra deben aboar 100,00€
a hora de realizar a súa inscrición.
O CONCELLO ULTIMA AS ACTIVIDADES PARA O NADAL
Dentro da ampla oferta cultural do Concello de
Quiroga para as Festas de Nadal, o día
20 ás 12:30h. terá lugar no Telecentro
unha videoconferencia con Papá Nöel a que poden acudir todos os nenos e
nenas que o desexen para facer as súas peticións.
Xa o sábado día 21 a partir das 19:00h.
terá lugar no Auditorio Municipal o
Concerto de Nadal coa actuación da Coral Polifónica de Quiroga , do Grupo de
Danzas e da Banda de Gaitas “San Martiño” de Quiroga, Grupo de Danzas “Arume de
Queiruga” e coa actuación Grupo de Alumnos que acoden ás clases de música
organizadas polas Áreas de Educación e
Xuventude.
No transcurso de este acto,
entregaranse os premios do Concurso de Postais e do IV Certame de Relato Curto organizados
dende Áreas de Xuventude e Educación.
O día 22, coa colaboración da Rede de
Dinamización Lingüística terá lugar no Auditorio Municipal a representación de
Títeres “ O Crebanoces”
O día 27, o grupo de teatro do Centro
Social de Quiroga, en colaboración coa área de Igualdade representará a obra de
teatro “Avós…Nunca é Tarde”.
A Programación de Nadal, que se
prolongará ata o día 5 de xaneiro inclúe
numerosos actos para tódolos públicos. Cabe salientar o concerto
didáctico de Zanfona a cargo de Víctor Soto o día 4 de xaneiro, a Cabalgata de
Reis, a ludoteca de Nadal, Campionato de Fútbol de Nadal, obradoiros e
campionatos nos pubs da vila.
2 dic 2013
O CONCELLO VAI POÑER EN MARCHA ESTA SEMANA AS CENTRAIS FOTOVOLTAICAS DOS EDIFICIOS PÚBLICOS
O concello de
Quiroga vai poñer en marcha, ao longo desta semana as novas instacións de
centrais fotovoltaicas colocadas en distintos edificios públicos.
Colocáronse
pequenas centrais fotovoltaicas de produción de enerxía eléctrica, de 10
kilowatios de potencia nominal, nas cubertas do Auditorio Municipal, da Casa da
Cultura, do CEIP de Quiroga e do Pavillón Polideportivo Municipal.
Asemade tamén se realizou a instalación de pequenas centrais fotovoltaicas
de produción de enerxía eléctrica, de 10 kilowatios de potencia nominal, na Escola
Infantil Galiña Azul, que compartirá cos garaxes da Praza España; na depuradora
municipal, que compartirá coas Piscinas Municipais e o Campo de Fútbol; e na Estación
de Tratamento de Auga potable.
A
instalación destas centrais suporá para o concello de Quiroga unha fonte de
aforro enerxético de 20.000 euros ao ano e consecuentemente a redución dos
custes correspondentes.
O funcionamento das centrais é na modalidade de
autoconsumo. Isto supón que a produción da planta destinarase a abastecer o
consumo enerxético do inmoble. Nos momentos nos que no inmoble non haxa
demanda, o excedente verterase a rede. Polo contrario, cando a produción da
planta fotovoltaica sexa nula ou simplemente non sexa suficiente como para
abastecer a demanda, tomarase a enerxía da rede de distribución do mesmo xeito
que se fai na actualidade. Os sistemas fotovoltaicos transforman a enerxía
solar incidente en enerxía eléctrica.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)