O rexedor local, Julio Alvarez, anunciou que a nova Ludoteca e a nova Sala de Exposicións, situadas nos baixos da Casa da Cultura, estarán rematadas antes de finais de ano.
A superficie ocupada pola anterior Guardería Municipal pasará así a converterse nunha zona para a Ludoteca infantil, un espacio creado únicamente para o uso dos rapaces; e nunha nova Sala de Exposicións, que se unirá as duas xa existentes: unha no Museo Etnográfico e a outra na entrada do Auditorio Municipal.
Aínda que estas duas novas áreas comparten solo, serán dous espazos totalmente independentes, xa que a súa finalidade é moi diferente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario