O rexedor local, Julio Alvarez, acompañado do concelleiro Angel Rodríguez, achegouse ata a Seara onde se está traballando na igrexa parroquial.
Trátase dunha obra de colaboración que inclúe o cambio de pavimento interior do templo, na parte central cambiarase a madeira e nos laterais a pedra rústica. Tamén se arranxarán as escaleiras e a entrada da igrexa.
A igrexa de Santa María Magdalena xa foi obxeto dunha reforma anterior para a que se contou con fondos do plan Leader a través da antiga Asociación Río Lor.
Ésta non é a única igrexa parroquial do municipio que se está arranxando, xa que a pasada semana comenzaron as obras de restauración da Capela de San Xoán, dentro da igrexa parroquial de Hospital. Obras para as que a Xunta de Galicia destiñou 85.000 €.

No hay comentarios:
Publicar un comentario