Os días 11 e 12 de xaneiro desenvólvese na na Casa da Cultura de Quiroga o programa de dinamización ligüística “Palabras no Ar” patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Os obradoiros de escrita e oralidade corren a cargo de persoal especializado da editorial Kalandraka e están destinados a alumnos e alumnas de primaria e secundaria que, no caso de Quiroga, participan gracias á colaboración do CEIP e do IES .
En canto aos obradoiros, pretenden desenvolver estratexias lúdicas e creativas para fomentar o uso do galego como vehículo de comunicación. Os exercizos do obradoiro de escrita creativa terán como eixo motivador a elaboración dun conto para favorecer a creatividade e potenciar a imaxinación dos asistentes.
As actividades desenvolvéronse esta mañá para os alumnos de primaria dende as 10:30 ata as 11:45. Mañá día 12 volverán no mesmo horario os alumnos do CEIP de 5º e 6º de Primaria, e dende ás 10:30 ata as 12:30 farano os de 1º e 2º de ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario