O concello de Quiroga solicitou a Fundación Sotavento Galicia a realización dun curso de condución eficiente.
O obxectivo deste curso é realizar un uso máis racional dos nosos vehículos, fomentando un novo estilo de condución dos turismos, co que se obteñen diminucións medias no consumo de combustible de ata o 15%.
O curso, totalmente gratuíto, está dirixido a todos os conductores interesados en conducir de xeito eficiente e económico.
Os interesados na realización do curso deben anotarse no concello antes do día 3 de Febreiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario