Hoxe mércores 19 de xaneiro dá comezo unha nova edición da Feira Internacional de Turismo (FITUR). O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra participará ao igual que nos últimos catro anos, cunha destacada presenza no espazo dedicado a Galicia na feira.
Ademais do novo material de información recintemente editado como a guía, o plano, ou a nova colección de postais, comenzarán a distribuirse mostras do que será o merchandising oficial da Ribeira Sacra e que se porán a venda en diferentes puntos da zona nos próximos meses.
A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo (APEHL) levará á Feira Internacional de Turismo (Fitur) a cuarta edición da guía ...E para comer, Lugo. Por segundo ano consecutivo, a presentación desta publicación suporá o inicio da programación que desenvolverá o pavillón dedicado a Galicia.
No acto, que está fixado para as 15.30 horas, tamén se dará a coñecer o Patronato de Turismo da provincia de Lugo. Intervirán o presidente da entidade, Julio Álvarez; o presidente da APEHL, José Francisco Real Castro; a secretaria xeral para ou Turismo, Carmen Pardo; e o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela; así como o presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro. Apoiarán o encontro a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; o alcalde de Lugo, José López Orozco, e outros alcaldes da provincia. Ademais espérase a presenza de personaxes como Jenaro Castro, Julia Otero, Jorge Coira, Luis Tosar, Liborio García, Silvia Jato, Marta Rivera da Cruz, Fiorella Faltoyano, Fernando Ónega e José Ramón Ónega, que foron invitados á presentación.
Tras promocionar as comarcas lucenses, as festas populares e as rutas xacobeas, nesta nova entrega a guía realiza un percorrido polos «67 paraísos», é dicir, os concellos da provincia. O libro será trilingüe, con formato revista e moi gráfico. Ten unha tirada de 15.000 exemplares.
No hay comentarios:
Publicar un comentario