Os días 11 e 12 de xaneiro tiña lugar na casa da cultura o programa de dinamización lingüística “Palabras no Ar” patrocinado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística coa colaboración do Concello de Quiroga.
Nestes obradoiros participaron alumnos do CEIP e do IES de Quiroga, que desenvolveron estratexias lúdicas e creativas para fomentar o uso do galego como vehículo de comunicación.
Estes obradoiros de escrita e creativa tiveron como eixo motivador uns contos e adiviñas nos cales se potenciou a imaxinación e a creatividade dos rapaces. Un feixe de refráns do lobo, do monte e da neve que a imaxinación dos máis pequenos transformou nun enredo de adiviñas.
Os traballos realizados estes días polos rapaces do colexio e o instituto, podedelos ver na páxina web http://www.palabrasnoar.org/. En vindeiros días os traballos feitos polos alumn@s serán retransmitidos pola Radio Municipal de Quiroga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario