28 mar 2018

QUIROGA APOIA A LIÑA DE FERROCARRIL MONFORTE - PALENCIA DENTRO DO CORREDOR ATLÁNTICO


O Concello de Quiroga aprobou, en Comisión de Goberno, o seu apoio á declaración institucional do Eixo Atlántico, asinada a pasada semana no Barco de Valdeorras. Unha xuntanza á que acudían representantes sociais e políticos de Galicia e o Bierzo, entre os que se atopaba o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, para solicitar ao Goberno Español as medidas políticas, administrativas e financieiras precisas para o impulso inmediato á líña ferroviaria Ourense/ Lugo - Monforte-  O Barco – Ponferrada – Palencia.

O Ministerio de Fomento xa anunciou que presentou ante a Unión Europea para a súa aprobación a inclusión da líña de ferrocarril Monforte – Palencia aproveitando que este ano se revisan os corredores ferroviarios, polo que se podería incluir e acceder á financiación europea para a súa puesta en marcha.

A declaración institucional considera necesaria a  conexión ferroviaria de mercadorías, que tamén sirva para pasaxeiros, entre Galicia e o noroeste de Castela e León, integrándose no Corredor Atlántico que parte de Aveiro (Portugal) e enlaza con Francia. Dotándoa das prestacións e competitividade das novas líñas ferroviarias europeas que están sendo impulsadas pola Comisión Europea para aproveitar o importantísimo sistema de comunicación por mar co que conta Galicia a través dos seus cinco portos de interese nacional. Sería a única maneira de que as mercadorías que accedan a través dos portos do Atlántico poidan competir coas que chegan do Mediterráneo.

Esta conexión ferroviaria enlazaría Lugo con Orense por Monforte, onde se impulsaría o porto seco como nó loxístico do interior galego, continuando por o Barco e Ponferrada, para unirse ao Corredor Atlántico en Palencia (conexión ferroviaria que o Eixo Atlántico bautizou como “T deitada”). As mercadorías concentraríanse en Monforte, para dende alí articular polo menos un tren diario de 700 metros de lonxitude que poña as mercancías na frontera francesa nun tempo que sexa competitivo coas conexión do Mediterráneo e doutros portos europeos.

Como efecto colateral, a modernización desta líña compatible para mercadorías e pasaxeros permitiría también facer competitivo o tren Alvia que comunica Galicia con Barcelona, e que ten parada na estación de Quiroga – San Clodio.




ANTE AS PREVISIÓNS DE MAL TEMPO, A FEIRA DO VIÑO ESTARÁ BAIXO UNHA CARPA



A Comisión organizadora da Feira do Viño de Quiroga reuniuse unha vez máis para seguir ultimando os actos da súa XXXVI edición, que terá lugar esta fin de semana. A xuntanza contemplou a colocación dunha carpa xa que as condicións meteorolóxicas previstas son moi desfavorables.

Son sete os colleiteiros participantes na feira deste ano xa que os seus viños pasaron as análises organolécticas feitas nun laboratorio e tamén a cata feita pola Confraría do Viño de Quiroga. Trátase dos viños artesanais de Gaspar Álvarez Nogueira, das Medas; de Elías González Mourelo, de Carballo de Hospital;  de Antonio Vázquez López, de San Xulián de Abaixo; de María Oliva Cao Expósito, de Bendollo;  de Alfonso Núñez Calvo, dos Novaes; de José Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo e de Secundino Rodríguez Sobrino, do Toucedo.

      O sábado, ás doce menos cuarto da mañá inaugurará o recinto feiral o Director Xeral de Agader, Miguel Angel Pérez Dubois. Ás doce a rúa Real acollerá o desfile das bandas participantes no Certame Celtibérico que se desenvolverá no Auditorio Municipal. O certame congregará a bandas das provincias de Lugo e Ourense, pero tamén doutras partes de Galicia e o territorio nacional. Ademais, haberá presenza internacional, como a da gaiteira iraniana Liana Sharifian e a xaponesa Mikiko Watanawa.
                     
Pola tarde o auditorio municipal acollerá a partir das sete da tarde a actuación da Coral Polifónica de Quiroga, da Banda de Gaitas San Martiño e dos grupos de danza San Martiño e Arume da Queiruga. Tamén se fará entrega dos premios do Certame de Cartas de Amor Vila de Quiroga.

Ás oito e media do serán, a periodista Carlota Corredera presentadora, directora, colaboradora de televisión e xornalista española coñecida por dirixir varios programas da Fábrica da Tele, por presentar Sálvame e actualmente dirixir e presentar Cámbiame, leerá o pregón no palco e decidirá o gañador do concurso de camisetas antes de continuar coa festa do grupo Atenas.

O domingo, o grupo de gaitas Os do Recanto e a Charanga Fuego animarán a xornada.



SEMANA DE TAPAS EN QUIROGA


     Ata o venres desenvolvese a 7ª edición do Concurso "Quiroga  de Tapas", na que participan trece establecementos:
 ADEGA DA MARÍA: Aires de Limón
AS PALMERAS: Pecata Minuta
QUIPER: Cachopo, qué?
RAPOSO: Salmón acompañado de Castañas do Courel
RUXE-RUXE: Pote de Alubias con Almejas e Bacalao Fresco
LAGO: Cogomelos Recheos Estilo San Xacobo
FÉLIX: Solombo con Crema de Boletus e Redución de Mencía en Flor de Pataca
ROXO VIVO: Tenreira Galega Glaseada con Tinto de Quiroga, Puré de Patacas e Cenoria.
TORRES: Asado de Carne que Pin, que Pan. Uh! Ja!
CHAPA: Catro Estacións
DIMAR: O Ben Querido
A PEDRA: Ensalada Templada de Pasta, con Piquillo, Queixoe Langostinos
FERREIRIÑO: Interpretación de Polbo a Feira con Aceite de Quiroga.
        
Cando o cliente complete a degustación de todas as tapas presentadas a concurso en todos os establecementos participantes, poderá votar a súa tapa favorita utilizando o tapacartón previamente selado polos establecementos, nas urnas oficiais do concurso. Non será válida ningunha cartilla de votación que non conteña selo de todos os establecementos participantes, o seu voto, escrito de forma lixible e un nome, apelidos e teléfono de contacto da persoa que emita o voto.

Na presente edición hai numerosos premios para as persoas que completen o circuito e emitan o seu voto á mellor tapa entre todas as participantes. Así poden optar os seguintes premios:
- 300 Euros en metálico
- Cea para dúas persoas na Ferrería de Rugando (Quiroga)
- Parrillada de carne para dúas persoas en Parrillada Torres (Quiroga)
- Xantar ou cea para dous en Chapakuña 3 (Quiroga)
- Estancia na Aldea Rural “O Busto” para cuatro persoas (Pobra do Brollón)
- Almorzo especial para dúas persoas en Chokolat e almorzó especial ou merenda en El Jardín de las Delicias
-  Cea   degustación   para dúas persoas   en  Abadía  San   Simón.
- Xantar para dous en O Viñedo, en  Tapería Brancellao ou en Manuel Bistró
- Produtos típicos de Quiroga: Caurelor, Cervexa Curriña, Lar de Ricobao, Porvide e Rego Natura.

Pola súa banda o local gañador da mellor tapa da presente edición recibirá 100€ eunha praca conmemorativa


17 mar 2018

A CONFRARÍA DO VIÑO CALIFICA OS VIÑOS DA FEIRA COMO MOI BOS


Esta mañá catáronse os viños participantes na XXXVI Feira do Viño de Quiroga, coincidindo coa reunión anual da Confraría do Viño de Quiroga.

 Ás doce e media da mediodía os integrantes da Confraría, tras ser recibidos na casa consistorial polo alcalde de Quiroga, que ostenta o título de Confrade Maior, desfilaron, ataviados coa capa e sombreiro distintiva, ao longo da rúa  Real, acompañados pola Banda de Gaitas San Martiño, ata o Museo Etnográfico.

  Xa na sala de catas do museo levouse a cabo a cata dos sete viños blancos e os sete tintos participantes na feira, todos eles feitos de xeito artesanal.  Como todos os anos os viños inscritos para participar na Feira do Viño de Quiroga, despois de pasar unhas análises organolépticas realizadas nun laboratorio especializado, sométense a un proceso de cata para a súa aprobación definitiva.

Os viños artesanos catados polos integrantes da confraría acadaron unha alta puntuación, xa que os calificaron como moi bos, grazas  a calidade dos froitos e ao esmero e sabedoría dos viticultores na súa elaboración. Trátase dos viños de Gaspar Álvarez Nogueira, das Medas; de Elías González Mourelo, de Carballo de Hospital;  de Antonio Vázquez López, de San Xulián de Abaixo; de María Oliva Cao Expósito, de Bendollo;  de Alfonso Núñez Calvo, dos Novaes; de José Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo e de Secundino Rodríguez Sobrino, do Toucedo.

Tras a cata, os integrantes da confraría continuaron coa orde do día da súa xuntanza, na que figuraba o informe do presidente, o estado de contas e tamén rogos e preguntas a formular polos membros da confraría.

16 mar 2018

QUIROGA XA TEN POSTAL PROMOCIONAL


                    Unha iniciativa de Correos en colaboración co Concello de Quiroga sacou unha postal de Quiroga que dende hoxe mesmo xa está á venda.
                     
          A postal que recolle sete fotos representativas do noso municipio, ven a satisfacer unha demanda dos visitantes da zona, que buscaban unha postal que enviar dende o lugar que estaban a visitar. E non deixa de ser un destacado medio de promoción e publicidade para Quiroga, xa que a través deste medio, vistas do noso municipio chegan ás zonas que as envían os nosos visitantes e veciños.
                     
        O prezo da postal  que non precisa selo para o seu envío por ter o franqueo pagado, é de 2€. E podese adquirir nas librerías Celia e Carmen, nos museos de Quiroga e na oficina de Turismo da Casa da Cultura.


13 mar 2018

CARLOTA CORREDERA PREGOEIRA DA FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA


Carlota  Corredera, (Vigo, 21 de xullo de 1974) presentadora, directora, colaboradora de televisión e xornalista española coñecida por dirixir varios programas de La Fábrica de la Tele, por presentar Sálvame e actualmente dirixir e presentar Cámbiame, será a pregoeira da Feira do Viño de Quiroga.

Licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela en 1997; a partir dese momento estivo ligada ao xornal La voz de Galicia. A súa andaina televisiva comezou en Antena 3, cadea na que chegou a ser subdirectora do espazo Sabor a ti, de Ana Rosa Quintana, en 2003.

Despois pasou a Telecinco para dirixir programas como TNT, El laberinto de la memoria e Hormigas blancas. En 2009 déronlle a oportunidade de dirixir Sálvame e Sálvame Deluxe (máis tarde coñecido como Sábado Deluxe). Neste último estivo ata 2013.

En 2013 uniuse como colaboradora de Abre los ojos y mira,  e en 2014 comezou a ser presentadora substituta de Sálvame. Ademais, en 2016 colaborou para o mesmo espazo. No verán dese mesmo ano comeza a colaborar tamén en Hable con ellas e presenta o  docu- reality Las Campos.

A finais de 2016 anunciouse a súa fichaxe como nova presentadora de Cámbiame a partir de xaneiro de 2017.

O 18 de maio de 2017 sae á venda o seu primeiro libro chamado Tu también puedes: Como conseguí perder 60 kilos y ganar salud.

2 mar 2018

O CONCELLO DE QUIROGA REBAIXARÁ OS IMPOSTOS ÁS EMPRESAS QUE CREEN EMPREGO


O Concello de Quiroga aprobou onte en sesión plenaria unha baixada dos impostos co fin de fomentar a implantación e a fixación de empresas no municipio.

Unanimemente aprobouse a modificación das ordenanzas fiscais dos impostos sobre Actividades Económicas (IAE), sobre Bens Inmobles (IBI) e sobre Instalacións, Construcións e Obras (ICIO). Así como pola realización de actividades administrativas con motivo da apertura de establecementos no concello de Quiroga.

Estas rebaixas fiscais van encamiñadas a loitar contra o despoboamento, fomentar a creación de emprego e reactivar a economía do Concello.

En canto aos impostos sobre Bens Inmobles, Actividades Económicas e Instalacións, Construcións e Obras; establécese unha bonificación de ata o 95% da cota correspondente  para as empresas que sexan declaradas de especial interese por concorrer circunstancias de fomento de emprego pola creación de 20 postos de traballo. Se a creación de postos de traballo está entre 11 e 20 a rebaixa fiscal serán cando menos do 75% e  do 50% se os postos creados son ata 10.

Esta bonificación será de aplicación na implantación dunha nova actividade económica ou empresarial, así como naqueles outros casos nas que se amplíen as instalación,  sempre e cando impliquen a creación de emprego.

A corporación municipal aprobou inicialmente esta modificación das ordenanzas fiscais que se expoñerán ao público durante trinta días hábiles. De non formularse reclamacións no prazo de exposición pública a aprobación elevarase a definitiva, entrando en vigor no momento da publicación das ordenanzas no Boletín Oficial da Provincia.