Esta mañá
catáronse os viños participantes na XXXVI Feira do Viño de Quiroga, coincidindo
coa reunión anual da Confraría do Viño de Quiroga.
Ás doce e media da mediodía os integrantes da
Confraría, tras ser recibidos na casa consistorial polo alcalde de Quiroga, que
ostenta o título de Confrade Maior, desfilaron, ataviados coa capa e sombreiro
distintiva, ao longo da rúa Real,
acompañados pola Banda de Gaitas San Martiño, ata o Museo Etnográfico.
Xa na sala de catas do museo levouse a cabo a
cata dos sete viños blancos e os sete tintos participantes na feira, todos eles
feitos de xeito artesanal. Como todos os
anos os viños inscritos para participar na Feira do Viño de Quiroga, despois de
pasar unhas análises organolépticas realizadas nun laboratorio especializado,
sométense a un proceso de cata para a súa aprobación definitiva.
Os viños
artesanos catados polos integrantes da confraría acadaron unha alta puntuación,
xa que os calificaron como moi bos, grazas
a calidade dos froitos e ao esmero e sabedoría dos viticultores na súa
elaboración. Trátase dos viños de Gaspar Álvarez Nogueira, das Medas; de Elías
González Mourelo, de Carballo de Hospital;
de Antonio Vázquez López, de San Xulián de Abaixo; de María Oliva Cao
Expósito, de Bendollo; de Alfonso Núñez
Calvo, dos Novaes; de José Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo e de
Secundino Rodríguez Sobrino, do Toucedo.
Tras a
cata, os integrantes da confraría continuaron coa orde do día da súa xuntanza,
na que figuraba o informe do presidente, o estado de contas e tamén rogos e
preguntas a formular polos membros da confraría.
No hay comentarios:
Publicar un comentario