28 mar 2018

ANTE AS PREVISIÓNS DE MAL TEMPO, A FEIRA DO VIÑO ESTARÁ BAIXO UNHA CARPA



A Comisión organizadora da Feira do Viño de Quiroga reuniuse unha vez máis para seguir ultimando os actos da súa XXXVI edición, que terá lugar esta fin de semana. A xuntanza contemplou a colocación dunha carpa xa que as condicións meteorolóxicas previstas son moi desfavorables.

Son sete os colleiteiros participantes na feira deste ano xa que os seus viños pasaron as análises organolécticas feitas nun laboratorio e tamén a cata feita pola Confraría do Viño de Quiroga. Trátase dos viños artesanais de Gaspar Álvarez Nogueira, das Medas; de Elías González Mourelo, de Carballo de Hospital;  de Antonio Vázquez López, de San Xulián de Abaixo; de María Oliva Cao Expósito, de Bendollo;  de Alfonso Núñez Calvo, dos Novaes; de José Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo e de Secundino Rodríguez Sobrino, do Toucedo.

      O sábado, ás doce menos cuarto da mañá inaugurará o recinto feiral o Director Xeral de Agader, Miguel Angel Pérez Dubois. Ás doce a rúa Real acollerá o desfile das bandas participantes no Certame Celtibérico que se desenvolverá no Auditorio Municipal. O certame congregará a bandas das provincias de Lugo e Ourense, pero tamén doutras partes de Galicia e o territorio nacional. Ademais, haberá presenza internacional, como a da gaiteira iraniana Liana Sharifian e a xaponesa Mikiko Watanawa.
                     
Pola tarde o auditorio municipal acollerá a partir das sete da tarde a actuación da Coral Polifónica de Quiroga, da Banda de Gaitas San Martiño e dos grupos de danza San Martiño e Arume da Queiruga. Tamén se fará entrega dos premios do Certame de Cartas de Amor Vila de Quiroga.

Ás oito e media do serán, a periodista Carlota Corredera presentadora, directora, colaboradora de televisión e xornalista española coñecida por dirixir varios programas da Fábrica da Tele, por presentar Sálvame e actualmente dirixir e presentar Cámbiame, leerá o pregón no palco e decidirá o gañador do concurso de camisetas antes de continuar coa festa do grupo Atenas.

O domingo, o grupo de gaitas Os do Recanto e a Charanga Fuego animarán a xornada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario