O Concello de Quiroga aprobou, en
Comisión de Goberno, o seu apoio á declaración institucional do Eixo Atlántico,
asinada a pasada semana no Barco de Valdeorras. Unha xuntanza á que acudían
representantes sociais e políticos de Galicia e o Bierzo, entre os que se
atopaba o alcalde de Quiroga, Julio Alvarez, para solicitar ao Goberno Español
as medidas políticas, administrativas e financieiras precisas para o impulso
inmediato á líña ferroviaria Ourense/ Lugo - Monforte- O Barco – Ponferrada – Palencia.
O Ministerio de Fomento xa anunciou que presentou
ante a Unión Europea para a súa aprobación a inclusión da líña de ferrocarril
Monforte – Palencia aproveitando que este ano se revisan os corredores
ferroviarios, polo que se podería incluir e acceder á financiación europea para
a súa puesta en marcha.
A declaración institucional considera necesaria
a conexión ferroviaria de mercadorías,
que tamén sirva para pasaxeiros, entre Galicia e o noroeste de Castela e León,
integrándose no Corredor Atlántico que parte de Aveiro (Portugal) e enlaza con
Francia. Dotándoa das prestacións e competitividade das novas líñas
ferroviarias europeas que están sendo impulsadas pola Comisión Europea para
aproveitar o importantísimo sistema de comunicación por mar co que conta
Galicia a través dos seus cinco portos de interese nacional. Sería a única
maneira de que as mercadorías que accedan a través dos portos do Atlántico
poidan competir coas que chegan do Mediterráneo.
Esta conexión ferroviaria enlazaría Lugo con
Orense por Monforte, onde se impulsaría o porto seco como nó loxístico do
interior galego, continuando por o Barco e Ponferrada, para unirse ao Corredor
Atlántico en Palencia (conexión ferroviaria que o Eixo Atlántico bautizou como
“T deitada”). As mercadorías concentraríanse en Monforte, para dende alí
articular polo menos un tren diario de 700 metros de lonxitude que poña as
mercancías na frontera francesa nun tempo que sexa competitivo coas conexión do
Mediterráneo e doutros portos europeos.
Como efecto colateral, a modernización desta líña
compatible para mercadorías e pasaxeros permitiría también facer competitivo o
tren Alvia que comunica Galicia con Barcelona, e que ten parada na estación de
Quiroga – San Clodio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario