28 mar 2018

A CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO ADICADA A UN CORREDOR QUE PARTICIPOU NESTA PROBA DENDE O SEU INICIO


O departamento de deportes do concello organizou un ano máis a Carreira Popular Feira do Viño. A décima cuarta edición da carreira que se celebra o venres pola tarde e na que se roldan os 300 inscritos, sen contar que o prazo aínda está aberto durante esta xornada e que os corredores de categorías inferiores que teñen a posibilidade de inscribirese unha hora antes da proba no lugar de saída. A carreira deste ano está adicada ao corredor Manuel García Alonso, participante en todalas probas.
Ás catro e cuarto comenzará a carreira na categoría de pitufos, cun recorrido de 100 metros (ata aproximadamente o cruce coa avenida do Caurel). Cinco minutos máis tarde sairán os prebenxamíns e os benxamíns, cun percorrido de 500 metros, é decir unha volta ata a Praza de España. A continuación participará a categoría Alevín cun recorrido de 1.000 metros – 1 volta ata o bar Zorro. E finalmente farano os da categoría Infantil e Cadete, cun recorrido de 2.000 metros, ata as piscinas municipais e volta á meta.
      Ás cinco da tarde comenzará a Proba Absoluta, cun percorrido de 9.000 metros; e que comprende as categorías xuvenil, senior e veteranos; masculino e feminino. O percorrido consta de dúas partes. Na primeira, os corredores sairán de diante da Casa do Concello para ir ata a zona das piscinas para regresar ó lugar de partida. Neste punto comeza a segunda parte, na que os participantes terán que completar 2 voltas por un tramo do paseo fluvial.
       A proba de adultos estará novamente controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que se colocará na zapatilla antes da saída da proba.
 Haberá trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario