13 mar 2018

CARLOTA CORREDERA PREGOEIRA DA FEIRA DO VIÑO DE QUIROGA


Carlota  Corredera, (Vigo, 21 de xullo de 1974) presentadora, directora, colaboradora de televisión e xornalista española coñecida por dirixir varios programas de La Fábrica de la Tele, por presentar Sálvame e actualmente dirixir e presentar Cámbiame, será a pregoeira da Feira do Viño de Quiroga.

Licenciouse en xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela en 1997; a partir dese momento estivo ligada ao xornal La voz de Galicia. A súa andaina televisiva comezou en Antena 3, cadea na que chegou a ser subdirectora do espazo Sabor a ti, de Ana Rosa Quintana, en 2003.

Despois pasou a Telecinco para dirixir programas como TNT, El laberinto de la memoria e Hormigas blancas. En 2009 déronlle a oportunidade de dirixir Sálvame e Sálvame Deluxe (máis tarde coñecido como Sábado Deluxe). Neste último estivo ata 2013.

En 2013 uniuse como colaboradora de Abre los ojos y mira,  e en 2014 comezou a ser presentadora substituta de Sálvame. Ademais, en 2016 colaborou para o mesmo espazo. No verán dese mesmo ano comeza a colaborar tamén en Hable con ellas e presenta o  docu- reality Las Campos.

A finais de 2016 anunciouse a súa fichaxe como nova presentadora de Cámbiame a partir de xaneiro de 2017.

O 18 de maio de 2017 sae á venda o seu primeiro libro chamado Tu también puedes: Como conseguí perder 60 kilos y ganar salud.

No hay comentarios:

Publicar un comentario