Reuniuse por segunda vez a Comisión de Estudio para poñer en marcha o
Centro de Día da Ribeira. A comisión está presidida pola tenente de alcalde,
Ana Núñez, e conta con representantes de
todos os partidos políticos da corporación municipal de Quiroga.
No prazo de dous meses dende a súa posta en marcha o 30 de outubro, esta
comisión ten que elaborar unha memoria xustificativa na que se recollan as condicións máis idóneas
para poder abrir este centro, como se aprobou por unanimidade na pasada sesión
plenaria.
Nesta segunda xuntanza da comisión aprobouse que a xestión do centro
sexa indirecta, é dicir que non a xestione o concello directamente se non que
se saque a concurso para que sexa outra entidade quen a xestione.
Tras esta decisión agora a comisión traballa na elaboración dun regulamento
interno para deixar para o final a elaboración dunhas bases de licitación polas
que este servizo poida saír a concurso.
O Centro de Día ocupa a primeira planta do edificio polivalente da
Ribeira. Na súa planta baixa atópase o centro social da Ribeira. E contémplase
que na segunda planta serva de lugar de acollida temporal para persoas en risco
de exclusión social. O Centro de Día de atención a persoas maiores, ao que
poderán ter acceso 25 persoas maiores, está rematado e equipado dende a pasada
primavera e agora esta comisión traballa para a súa posta en funcionamento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario