Estase
a traballar na rexeneración da estrada LU-P-5001, dende Ponte Barreiro ata Vilarbacú.
Nesta estrada estase a votar un novo aglomerado en quente no tramo de un km aproximadamente
á altura do Val de Seceira, na zona de máis curvas da estrada.
Neste
tramo tamén se colocarán “biondas” ou “quita medos” para dar maior seguridade á
esta vía. No resto da estrada estanse tapando fochancas. Unha vez rematados
estes traballos pintarase novamente o firme da estrada.
Na
tarde de onte o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, achegouse ata esta zona para
comprobar a marcha dos traballos que están subvencionados pola Deputación Provincial
de Lugo, titular da vía, con 88.000 €.
No hay comentarios:
Publicar un comentario