O
Concello de Quiroga e a Deputación Provincial de Lugo asinaron na mañá de onte un
convenio de cooperación para a reparación e a mellora de camiños de acceso a
varios núcleos do municipio.
O alcalde, Julio
Álvarez, e o Deputado da área de goberno Interior e Relacións Institucionais, Álvaro
Santos, asinaron un convenio de 70.000 €
para o arranxo de accesos a 17 núcleos do noso municipio. A finalidade do
convenio, en palabras dos asinantes, é axudar aos que viven no rural que son
máis desfavorecidos e favorecer a accesibilidade e a mobilidade dos veciños e
veciñas destas zonas.
Tras a firma do convenio achegáronse
ata a pista de Pacios da Serra, un dos camiños
que vai ser obxecto das melloras e que nestes momentos é dos que se atopa en
peor estado.
Ademais do acceso a Pacios da
Serra con este presuposto de 70.000 € tamén se van mellorar os accesos a
Vilanuide, San Martiño, Ferreira, Centeais, Montefurado, Aldea, O Ivedo,
Vilaster, Chao da Casa, Bendollo, Paradapiñol, Cereixido, A Barca, Penarrubias,
A Vergaza e Fisteus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario