Na tarde de onte celebrouse a primeira xuntanza da Comisión de Estudio para
poñer en marcha o Centro de Día da Ribeira. A comisión, presidida polo
alcalde e conta con representantes de
todos os partidos políticos da corporación municipal de Quiroga, ten como obxetivo poder abrir canto antes este servizo.
No prazo de dous meses esta comisión terá que elaborar unha memoria
xustificativa na que se recollan as
condicións máis idóneas para poder abrir este centro, como se aprobou por
unanimidade na pasada sesión plenaria.
Este centro ocupa a primeira planta do edificio polivalente da Ribeira.
Na súa planta baixa atópase o centro social da Ribeira. E contémplase que na
segunda planta serva de lugar de acollida temporal para persoas en risco de
exclusión social. O centro de día de atención a persoas maiores, ao que poderán
ter acceso 25 persoas maiores, está rematado e equipado dende a pasada
primavera.
No hay comentarios:
Publicar un comentario