Os alumnos e alumnas de quinto e sexto tiveron a
oportunidade de participar na rodaxe dunha película de exaltación do noso
concello, que se desenvolveu no museo etnográfico de Quiroga. A rodaxe da película forma parte dun taller de
audiovisuais organizado dende o GDR Ribeira Sacra.
A produtora Némesis está levando a cabo esta actividade que conta co
financiamento do GDR Ribeira Sacra. Os rapaces e rapazas son os encargados de
facer o traballo, poñéndose diante e detrás das cámaras durante catro días de
gravación.
Este taller dirixido as nenos e nenas de 12 a 16 anos dos seis concellos
da comarca de Lemos ten como obxectivo achegar unha actividade lúdica e
cultural coas novas tecnoloxías ata as zonas do rural e que a súa vez serva de promoción
estes territorios.
A idea do proxecto é que unha vez feito o vídeo sirva de publicidade nas
páxinas web de cada concello.
No hay comentarios:
Publicar un comentario