O
Concello de Quiroga asinou esta mañá un convenio de colaboración coa Federación
Galega de Voleibol para a celebración das actividades de tecnificación e
supervisión e control que realiza a Federación se leven a cabo en Quiroga.
A firma levouse a cabo
esta mañá no salón de plenos da casa consistorial onde se realizou unha
posterior rolda de prensa, na que estiveron presentes o alcalde de Quiroga,
Julio Álvarez, o presidente da Federación Galega de Voleibol, José Angel Luna
Bargo e o concelleiro de Deportes, Andrés Novoa.
O concelleiro de
deportes afirmou que os obxetivos deste convenio de colaboración que surxiu fai
seis meses, son primeiramente a promoción turística do noso municipio e segundo
a promoción deste deporte. En Quiroga actualmente unha vintena de rapazas
participan nesta actividade deportiva que se engloba dentro das Escolas
Deportivas Municipais e que conta xa coa colaboración do club Ribeira Sacra.
Este convenio terá unha
vixencia de dous anos, período no que se farán xornadas de tecnificación de
voleibol, tanto na categoría infantil como na de cadete. Durante o ano
realizaranse catro xornadas dun único día de duración, no que xogadores e
entrenadores, en torno a 70 persoas, desprazaranse ata Quiroga para realizar
actividades para ver posibles xogadores para a selección.
A maiores durante o
Entroido e a Semana Santa faranse concentracións de dous días, con pernocta en
Quiroga, nas que os xogadores seleccionados realizarán a preparación dos
campionatos de España.
Segundo palabras do
presidente da Federación Galega de Voleibol, ademais de centrar o plan de
tecnificación da Federación en Quiroga tamén se disputarán os encontros coas
selección portuguesas. A Federación Galega ten un convenio coa Federación do
Norte de Portugal polo que se realiza un “bilateral”, no que as seleccións
galegas xogan en Braga e posteriormente as seleccións portuguesas xogan en
Galicia. Tras o convenio asinado co noso concello, estes encontros disputaranse
en Quiroga.
A Federación Galega
destaca a importancia deste tipo de colaboración xa que lle permitirá facer
máis actividade e traballar con máis rapaces.
É destacable a importancia
que ten este deporte na nosa zona, xa que de aquí sairon xogadoras tan
importantes como Jenifer Mendoza e actualmente Carolina Camino e Sofía
Carballedo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario