Quiroga conta
dende o pasado mes de maio co
servizo 4 G de telefonía móbil. Este
servizo pode producir
afectacións na recepción dá
Televisión Dixital Terrestre (TDT) polo
que é posible que a recepción do sinal
de televisión poida verse afectada nalgúns edificios ou vivendas moi próximos
ás estacións de telefonía móbil.
Esta nova tecnoloxía permite alcanzar
conexións móbiles de moi alta velocidade, mellorar a cobertura no interior dos
edificios e conseguir maiores niveis de penetración xeográfica, en particular
ás zonas rurais. Pero, os servizos móbiles 4G
utilizan a frecuencia 800 MHz que antes utilizaba a televisión dixital
terrestre (TDT), polo que podería ocorrer que o sinal de TV véxase afectada por
interferencias. Pode aparecer pixelado,
bloqueo de imaxes ou perda do sinal.
Para evitar estas interferencias puxose
en marcha unha entidade xestora que se encarga de solucionar
calquera afectación que suceda na recepción da TDT motivada polas emisións da
tecnoloxía 4G para asegurar a continuidade do servizo de TV. Unha actuación
totalmente gratuíta para o usuario durante os primeiros seis meses tras o
inicio das emisións 4G.
O 31 de outubro, finaliza
definitivamente en zonas de Quiroga ese prazo para solicitar as actuacións por
parte dos usuarios de TDT a través da
entidade CHEGA800, polo que as persoas que se viron afectadas soamente
terán ata ese prazo para poder subsanar as interferencias de forma gratuita.
Os telespectadores
que vexan a TV a través de fibra óptica, satélite ou Internet non teñen
interferencias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario