Comezaron as obras
nos terreos lindeiros co
albergue municipal, onde estiveron asentadas as antigas vivendas dos
mestres
Limparanse e
acondicionaranse os máis de 1800 metros cadrados cos que conta a parcela, e levarase
a cabo a construción dunha gabia con pavimentación. Este espazo terá dúas partes diferenciadas, unha
zona de céspede e outra pavimentada de grava.
A zona de grava
servirá para múltiples usos,
utilizándose habitualmente como aparcadoiro. A parte de céspede dotarase de mobiliario público urbano, bancos e
papeleiras.
O acondicionamento da
zona rematarase coa colocación dunha varanda de ferro forxado na parte de
acceso o aparcadoiro dos buses escolares.
Na xornada de onte o rexedor
local, Julio Álvarez, xunto coa
arquitecta do concello, achegouse á
praza para comprobar a marcha destas obras que forman parte do Plan Único 2018 da
Deputación Provincial de Lugo e conta tamén cunha axuda económica da Consellería
de Vicepresidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
No hay comentarios:
Publicar un comentario