A Unidade Móbil de Inspección Técnica de Máquinas
de Fitosanitarios desprazarase ata
Quiroga para realizar a ITV a todas as máquinas sulfatadoras que o precisen.
Desde o ano 2016,
as sulfatadoras están obrigadas a pasar
a súa propia ITV. Non cumprir a normativa ambiental europea leva sancións: os
equipos que traballen con produtos
fitosaniarios sen superar a inspección técnica enfróntanse a multas de
entre 300 a 3.000 euros.
O exhaustivo exame
afecta a máquinas de máis de 100 litros de capacidade e que superen os cinco
anos de antigüidade. Quedan excluídos da revisión os equipos fitosanitarios que
son pulverizadores de mochila e os de
arrastre manual (mochilas) con depósito de ata 100 litros.
No caso dos equipos
novos, a inspección deberá realizarse no primeiros cinco anos tras a súa
compra. Unha vez feita a primeira ITV fitosanitaria, pasaranse cada cinco anos;
fóra dos que prestan servizos a terceiros que deberán facerse cada tres anos. A
partir do ano 2020, a periodicidade dos controis acúrtase e terán que repetirse
cada tres anos.
Os requisitos principais da inspección son
presentar a cartilla do Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA), manter
o número de bastidor visible e ter o equipo limpo, tanto por dentro como por
fóra, e sen fugas en circuítos, bombas e depósitos.
Pasar este exame, supón
a entrega dun adhesivo oficial da Xunta, parecido ao dos vehículos cando pasan
a ITV, ademais do certificado correspondente de inspección.
No hay comentarios:
Publicar un comentario