A Garda Civil de
Quiroga acolleu o venres os actos de celebración da súa patrona, a Virxe do
Pilar.
O acto central foi a
celebración dunha misa na igrexa parroquial de San Martiño de Quiroga oficiada
polo Vicario de Pastoral de Lugo, Luis Manuel Rodríguez Pérez. A igrexa
parroquial estaba presidida por unha engalanada imaxe da Virxe do Pilar e pola
bandeira de España.
O cuartel de Quiroga
celebra cada 12 de outubro, ao igual que todos os acuartelamentos de España
dende o ano 1913, a súa gran festa.
No ano 1864, nomeouse
patrona do Colegio de Guardias Jóvenes á Virxe do Pilar. Co tempo, os guardas
procedentes do Colexio foron extendendo a devoción á Pilarica por toda a xeografía
nacional. Esta circunstancia foi determinante para que o Rei Alfonso XIII asinara
a proclamación da Virxe como Patrona da Garda Civil 1913.
Os membros da
Benemérita de Quiroga ataviados co seu uniforme de gala achegáronse ata a
igrexa parroquial onde estaban convidados autoridades, familiares e amigos para
acompañalos nesta celebración como marca unha Orden Xeral da Garda Civil daquel
ano. A orde indicaba cómo se debía celebrar a primera festa da Patrona. Entre outras
disposicións decía que “en todos os postos vestiríase de gala, izándose a bandeira
nas casas-cuartel”. A elo sumábase a celebración relixiosa, á que se invitaría
ás autoridades e demais corpos do Exército, para oficiar unha misa polos
compañeiros do Corpo falecidos. Estas disposicións seguen manténdose na actualidade.
Á saída dos actos
relixiosos todos os convidados se achegaron ata os gardas para felicitalos no
seu día e acompañalos posteriormente a degustación dun viño español. No que non
faltaron os “Vivas” a España e á Garda Civil.
No hay comentarios:
Publicar un comentario