O GDR Ribeira Sacra desenvolveu a pasada fin de semana unhas
xornadas de divulgación sobre os efectos dos glaciares no relevo e a paisaxe.
50 persoas participaron
nun programa de actividades que comprendía tres conferencias e incluían unha
visita guiada a lugares da serra do Courel onde se aprecian as pegadas dos
antigos glaciares, especialmente visibles en paraxes como a lagoa de Lucenza e
o val da Seara.
As conferencias corrían
a cargo de Augusto Pérez Alberti, profesor de xeografía física da Universidade de Santiago e que trataba sobre «Glaciarismo e periglaciarismo das montañas do Courel».
Outro relatorio abordaba
as pegadas dos glaciares na cordilleira Cantábrica e estaba impartido por Jesús
Ruiz Fernández, investigador da Universidade de Oviedo. A terceira conferencia corría
a cargo de Marc Olivas, investigador da
Universitat de Barcelona e versaba sobre os glaciares de Sierra Nevada.
Augusto Pérez Alberti aproveitou
a conferencia para presentar o seu libro “Xeomorfoloxías das Montañas do Courel”
co que se agasallou a todos os participantes. No libro, dirixido a todos os
públicos, detállase o mapa xeomorfolóxico da Serra. Case metro a metro,
explícase como se chegou a formar a paisaxe da que podemos gozar hoxe en día ao
percorrer O Courel. Devesas, antigos
glaciares, pregamentos de centos de millóns de anos e un patrimonio cultural
que agora opta a converterse en Xeoparque Mundial da Unesco.
O autor, que participou no informe presentado á
Unesco no proxecto do Xeoparque Montañas do Courel, recoñece que o mapa é un
traballo de moito detalle, posiblemente o máis detallado que se fixo ata agora
non só no Courel, senón en toda Galicia. Non se inclúe só a xeomorfoloxía,
tamén está toda a toponimia que existe na serra: os regos, os regatos ou os
lugares
No hay comentarios:
Publicar un comentario