A gandería de Mario Nogueira é cada vez máis “famosa” e volve conquistar
popularidade na pequena e gran pantalla. Os seus bois apareceron agora no programa Luar da
TVG. Bonito e Boneco, estes tranquilos exemplares de 800 kilos volveron a
pasearse por un estudio de televisión.
Estes impoñentes exemplares xa
están máis que acostumados aos focos e as cámaras non en van participaron na
rodaxe da serie “Al final del Camino”, interviñeron nun capítulo de serie
“Doutor Who” e, na película “Elisa
e Marcela”, da directora Isabel Coixet. Ademais
da campaña publicitaria de Gucci.
Tamén ten vacas nesa explotación e tamén saíu algunha famosa como
“Juanita”, a vaca do concurso televisivo de Gran Hermano de Tele5. Ademais a
súa dona Cristina Gómez recibiu o premio a mellor manexadora de bois no pasado
mes de agosto en Chantada.
Mario Nogueira é posiblemente o home que máis bois move hoxe en España,
na súa explotación de Chao da Casa conta actualmente cuns 60 exemplares.
Algunhas parellas destes bois participan en romarías, outros destínanse a carne
e outro grupo vendese ao País Vasco para o deporte de Arrastre.
Estes animais que viven ceibes nos montes de Chao da Casa, poden chegar
a comer uns 10 quilos diarios de pienso, ademais de fariñas e forraxes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario