24 mar 2016

450 INSCRITOS NA XII CARREIRA POPULAR FEIRA DO VIÑO

O departamento de deportes do concello organizou un ano máis a Carreira Popular Feira do Viño. A décima segunda edición da carreira que terá lugar mañá venres xa con 450 participantes inscritos.

      Ás catro e cuarto comenzará a carreira na categoría de pitufos, cun recorrido de 100 metros (ata aproximadamente o cruce coa avenida do Caurel). Cinco minutos máis tarde sairán os prebenxamíns e os benxamíns, cun percorrido de 500 metros, é decir unha volta ata a Praza de España. A continuación participará a categoría Alevín cun recorrido de 1.000 metros – 1 volta ata o bar Zorro. E finalmente farano os da categoría Infantil e Cadete, cun recorrido de 2.000 metros, ata as piscinas municipais e volta á meta. Os corredores que participan nestas categorias contan coa posibilidade de inscribirse aínda o mesmo día da proba diante da Casa do Concello.

      Ás cinco da tarde comenzará a Proba Absoluta, cun percorrido de 9.000 metros; e que comprende as categorías xuvenil, senior e veteranos; masculino e feminino. O percorrido consta de dúas partes. Na primeira, os corredores sairán de diante da Casa do Concello para ir ata a zona das piscinas para regresar ó lugar de partida. Neste punto comeza a segunda parte, na que os participantes terán que completar 2 voltas por un tramo do paseo fluvial.

       Este ano a proba de adultos estará novamente controlada a través dun CHIP que se entregará a cada corredor no momento da recollida do dorsal e que se colocará na zapatilla antes da saída da proba.

 Haberá trofeos e medallas para os tres primeiros de cada categoría tanto masculino como feminino, e os tres primeiros locais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario