Os doce viños brancos e os doce tintos
incritos para participar na XXXIV Feira do Viño de Quiroga, xa teñen a aprobación
da Confraría do Viño de Quiroga. Todos eles acadaron a calificación de aptos
tras a cata que se levaba a cabo o pasado sábado.
Ás doce e media da
mediodía os integrantes da Confraría, tras ser recibidos na casa consistorial
polo alcalde de Quiroga, que ostenta o título de Confrade Maior, desfilaron ao
longo da rúa Real, acompañados pola
Banda de Gaitas San Martiño, ata o Museo Etnográfico.
Dende o ano 2013, ano no
que foi creada a Confraría do Viño para defender e promocionar este certame, os
confrades desfilan pola rúa antes de levar a cabo a cata, dándolle vistosidade
ao acto por ir ataviados coa vestimenta regulamentaria, capa morada e chapeu
negro ribeteado en morado e que este ano estreaba insignia, un racimo de uvas
co escudo de Quiroga e tamén co símbolo do Crismón da Ermida.
Xa na sala de catas do museo levouse a
cabo a cata dos viños blancos e tintos participantes na feira. Como todos os anos os viños inscritos para
participar na Feira do Viño de Quiroga, despois das análises realizadas no
laboratorio especializado, sométense a un proceso de cata para a súa aprobación
definitiva. Este ano os doce colleiterios participantes son:
Héctor
Enríquez Santiso, de Pacios de Mondelo.
Antonio
García Álvarez, de San Xulián de Abaixo.
Antonio
Castro Álvarez, de San Vitoiro.
Álvaro
Rodríguez González, da Toca.
Gaspar
Álvarez Nogueira, das Medas.
Elías
González Mourelo, de Carballo de Hospital.
Juan
Rodríguez Diéguez, de Centeais.
Antonio
Vázquez López, de San Xulián de Abaixo.
María
Oliva Cao, de Bendollo.
José
Luis Rodríguez Lago, de San Xulián de Abaixo.
Alfonso
Nuñez Calvo, dos Novaes.
Ceferino
González Vidal, de Bendilló.
Os viños de todos eles
acadaron a aprobación tanto dos catadores da Confraría do Viño como dos
resultados realizados en laboratorio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario