O Concello de Quiroga poñerá en marcha dende o 17 ao 25 de marzo a 5ª
edición do Concurso "Quiroga de
Tapas".
Os vinte
establecementos participantes presentaron a tapa coa que van participar .
Adega de María:As cousas da miña terra.
Adega de María:As cousas da miña terra.
Palmeras: Tabulé.
Portón: Callos con
fabas de Lourenzá.
Raposo: Hamburguesa
rústica de Quiroga.
Quiper: Strogonoff da
Eva, tudo junto e mesturado.
A Taberna: Tapa A
Taberna.
Ruxe: Paneta.
Lago: Champiñons recheos,
soia e tomates cherry
Félix: Mata fame
arrollao.
O Roxo Vivo: Ensalada
de salmón marinado e aguacate con vinagreta de lima.
Casa Torres: Escalopines
de tenreira en salsa crema, champiñóns, tallarines e verde
ChapaKuña 3: Croquetas
de lagostino e xamón ibérico con ensalada de queixo, froitos secos e mel de
Quiroga.
O Recuncho de Dino:
Pasteliño de verduras con salsa de piquillos.
Dimar: roliño recheo
de langostinos e grelos con crocante de millo, crema de Arzúa e milfollas de
pataca ó forno con aceite de do Val de Quiroga.
Ferreiriño: Niño de
cogomelos.
Escaleira: Galician
people.
A Barca: Montaña de
pataca ao queixo.
Vinoteca Quiroga:
Tosta do mar.
Mesón da Clara: Carne
mechada ao whisky.
Dakar: Medallón de
solombo ás dúas salsas.
Na presente edición
hai numerosos premios para as persoas que completen o circuito e emitan o seu
voto á mellor tapa entre todas as participantes. Así poden optar a un premio
de 300,00€ en metálico; un circuito
termal, con estancia, almorzo e comida no Balneario de Augas Santas(Pantón)
para dúas persoas; unha estancia e almorzo para dúas persoas na Hospedería
Ferrería de Quintá; unha estancia para dúas persoas na Aldea Rural “O Busto”
(Pobra de Brollón); unha noite para dúas persoas no Hotel Conde de Lemos
(Monforte); varias comidas ou ceas para dúas persoas en diversos
establecementos; unha visita ás instalacións e degustación de Viño para catro
persoas no Centro doViño Ribeira Sacra; ou un lote de productos típicos de Caurelor, Lar de Ricobao, Porvide e
Morriña.
Pola súa banda o local
gañador da mellor tapa da presente edición recibirá100 € e unha praca
conmemorativa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario